Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 476 novas da área temática Forestal:

29/03/2023 | 18:18 | C. do Medio Rural

Activo un incendio forestal rexistrado no concello lugués de Taboada, parroquia de Xián

Segundo as primeiras estimacións, o lume afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas

29/03/2023 | 18:06 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor en Verín a nova Oficina Rural e a nova base de Unidade Operativa do servizo de prevención e extinción de incendios

José González referiuse aos preto de 255.000 euros que se dedicaron ás novas instalacións da Oficina Rural, establecendo unha zona administrativa, dependencias para os veterinarios e instalacións máis eficientes desde o punto de vista enerxético

29/03/2023 | 17:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta participa nun exercicio promovido por Portugal para a mellora da coordinación transfronteiriza en incendios forestais

Tamén o Goberno de Castela e León proporcionou medios e recursos a este simulacro de lume forestal, que busca a redución dos tempos de resposta e o reforzo da cooperación entre Administracións

29/03/2023 | 16:56 | C. do Medio Rural

A Xunta solicita como medida preventiva a declaración da situación 2 no incendio forestal activo en Baleira, parroquia de Cubilledo

A situación operativa neste incendio -que supera as 120 hectáreas provisionais- decrétase pola proximidade do lume ao núcleo do Fórneas

29/03/2023 | 16:38 | C. do Medio Rural

A Xunta prohibe de xeito inmediato as queimas agrícolas e forestais de particulares debido ás condicións meteorolóxicas

Isto implica que non se darán máis permisos e os xa concedidos quedarán en suspenso a partir deste momento

28/03/2023 | 20:31 | C. do Medio Rural

Activo un incendio forestal rexistrado no concello lugués de Baleira, parroquia de Cubilledo

Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie dunhas 30 hectáreas

28/03/2023 | 13:39 | C. do Medio Rural

A Xunta e a Deputación de Ourense alíanse para dotar o Centro integral de loita contra o lume de Toén do máximo potencial

A Deputación Provincial comprometeuse a arranxar os accesos ao Centro, na liña de colaboración establecida noutras cuestións como os convenios asinados coa Consellería e diversos concellos para a dotación de maquinaria de prevención

24/03/2023 | 19:32 | C. do Medio Rural

A Xunta traballará para dispor dun sistema de créditos de carbono de carácter voluntario

Jacobo Aboal manifestou no seu relatorio que a Xunta traballará para dispor dun sistema de créditos de carbono de carácter voluntario que poña o aceno na xestión forestal sustentable e activa (como accións que pancas de carbono adicional)

24/03/2023 | 16:10 | C. do Medio Rural

A Xunta presenta unha guía técnica de solucións innovadoras en madeira estrutural na arquitectura galega actual co gallo de impulsar a industria forestal

A publicación ten como obxectivo dar a coñecer as posibilidades da construción con madeira estrutural e as súas calidades, co fin de promover unha maior demanda destes produtos e xerar a implantación de máis industria local neste campo