Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.053 novas da área temática Emprego:

23/12/2023 | 12:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta inviste este ano 1,4 M€ en 375 axudas para apoiar o emprego autónomo, o emprendemento e a contratación nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal

A delegada territorial en Ferrol, Martina Aneiros, puxo en valor este investimento durante un encontro coa encargada de Canido Veterinarios, unha das firmas beneficiarias do Plan Galicia Emprega
 

22/12/2023 | 11:05 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta celebra o 6º Encontro de mulleres emprendedoras apoiadas polo programa que distribuíu desde o 2009 máis de 23 M€ entre máis de 1.800 axudas

A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, participou en Santiago no acto no que -ademais de formación- houbo espazo para que as emprendedoras compartisen experiencias e para que mostrasen os seus produtos
 

21/12/2023 | 14:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta entrega os diplomas aos 20 participantes do obradoiro de emprego Ponte de Areas VI, compartido por Guntín, O Corgo e O Páramo

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que hai uns días púxose en marcha unha nova edición, “que suporá oportunidades laborais para máis persoas desempregadas”

20/12/2023 | 14:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta clausura o programa integrado de emprego de Palas de Rei e financia outro con 220.000 euros

O delegado territorial, Javier Arias, explica que cada edición conta con 100 participantes que reciben formación para mellorar as súas posibilidades de inserción laboral

20/12/2023 | 12:26 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta lembra á nova ministra de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones que segue pendente a transferencia a Galicia do ingreso mínimo vital

Remitíuselle unha carta á titular desta carteira ministerial, Elma Saiz, para avanzar no traspaso da xestión desta prestación, ao que o Goberno central se comprometeu en xaneiro do ano pasado

19/12/2023 | 21:32 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A colaboración da Xunta co Clúster de Enerxías Renovables de Galicia permitiu en dous anos a formación de 1.820 persoas a través de 31 cursos

A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, participou hoxe na Coruña na segunda edición do Foro de Formación e Emprego no sector enerxético – Enerforum 2023

19/12/2023 | 21:05 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo pon en valor o labor da enxeñeira industrial Concepción Paz Penín, distinguida co 17º premio María Josefa Wonenburger para mulleres científicas

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, presidiu hoxe o acto de entrega do recoñecemento, outorgado pola Unidade Muller e Ciencia da Xunta

18/12/2023 | 18:09 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo destaca que a Rede de Polos de emprendemento con máis de 900 emprendedores atendidos está a resultar esencial para favorecer a economía local

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, acompañada do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou na inauguración do centro municipal de emprendemento do Concello de Ponteareas

18/12/2023 | 16:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta recibe a representantes das traballadoras da limpeza en folga no marco do papel mediador que desenvolve no conflito

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e a directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, defenderon a implicación do Goberno galego para intentar achegar posturas

18/12/2023 | 12:19 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta consolida a colaboración coa Fundación Laboral da Construción que culmina o 2023 con máis de 2.000 participantes en case 150 accións formativas

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, clausurou en Vilamarín a mesa Retos da formación para o emprego: falando co sector da construción, que puxo o peche a unha serie de encontros con distintos eidos económicos