Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 858 novas da área temática Economía:

14/10/2023 | 11:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa con 6,5 M€ a posta en marcha de centros dixitais na provincia da Coruña no marco do fondo de transición xusta

O novo programa busca facilitar ás pequenas e medianas empresas o acceso a dotacións dixitais e servizos avanzados a prezos competitivos e con prazos axustados ás súas necesidades

13/10/2023 | 14:18 | C. de Economía e Industria

Lorenzana pon en valor o compromiso de Norvento coa transición enerxética en Galicia

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo unha xuntanza con representantes da compañía, con quen abordou os proxectos que está a levar a cabo en Galicia

12/10/2023 | 10:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta concede apoios por preto de 4 M€ para continuar avanzando na innovación tecnolóxica e a sustentabilidade do comercio de proximidade galego

A Consellería de Economía, Industria e Innovación impulsa proxectos de 222 pemes e 14 asociacións do sector a través do programa de axudas do Fondo Tecnolóxico

11/10/2023 | 15:05 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

A Xunta destina preto de 2 M€ a unha nova liña de axudas para pemes e autónomos dirixida a neutralizar a suba de tipos de xuro

Rueda resalta que o obxectivo é facilitar o acceso á financiación do tecido empresarial e “garantir a viabilidade económica” dos proxectos en marcha

10/10/2023 | 17:32 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta en Ferrol as oportunidades que ofrece a transformación dixital para impulsar iniciativas empresariais no rural

A directora do Igape, Covadonga Toca, participa na primeira das xornadas sobre esta temática que percorrerán seis concellos das catro provincias para poñer en valor as posibilidades que ofrecen as contornas rurais de cara a consolidar e impulsar novas ideas de negocio

10/10/2023 | 12:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a aposta polo talento e a innovación como chaves para seguir construíndo a Galicia do futuro

A directora do Igape, Covadonga Toca, participa na inauguración do encontro El mundo que viene, organizado por APD, no que salienta a importancia da cooperación público-privada para impulsar un “modelo máis sustentable”

06/10/2023 | 15:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta aposta por unha transformación integral da minería a través da busca de novas solucións innovadoras

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participaron esta mañá en Santiago de Compostela na xornada de presentación da Consulta Preliminar ao Mercado do proxecto SmartminTech

06/10/2023 | 12:18 | C. de Economía e Industria

Lorenzana cualifica o Cintecx como indispensable para dotar a industria galega de solucións tecnolóxicas fronte os retos actuais

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe as instalacións do Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais da Universidade de Vigo

06/10/2023 | 11:47 | C. de Economía e Industria

A Xunta aproba os domingos e festivos nos que as grandes superficies comerciais poderán abrir en 2024

Elixíronse os días 7 de xaneiro, 28 de marzo, 30 de xuño, 12 de outubro, os cinco domingos do mes de decembro e o 6 de decembro