Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 761 novas da área temática Benestar:

11/07/2023 | 14:57 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta aposta pola colaboración coas entidades para avanzar na integración das persoas con parálise celebral

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou esta mañá as instalacións de Apamp e mantivo un encontro con membros de Aspace

11/07/2023 | 12:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

A Xunta contribúe con 140.000 euros a apoiar á asociación de Exalcohólicos de Ferrolterra na asistencia a pacientes con trastornos adictivos

A entidade resultou beneficiaria dunha achega da Consellería de Sanidade de preto de 6.500 euros para financiar un programa de reinserción laboral

10/07/2023 | 13:53 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García anuncia a publicación no Diario Oficial de Galicia da orde de axudas a entidades de inclusión social, dotada con 19,7 millóns de euros

Trasladou o apoio do Executivo autonómico para garantir a viabilidade dos proxectos das entidades e para apostar por novas iniciativas e axudas

10/07/2023 | 12:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta renova o seu compromiso coa prevención, información e asesoramento á cidadanía sobre o xogo responsable

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes asinou hoxe os convenios de colaboración coa Asociación Gallega de Ludópatas en Rehabilitación e coa Asociación Gallega de Jugadores Anónimos

08/07/2023 | 10:51 | C. de Facenda e Administración Pública

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica e Cruz Vermella achegan a tecnoloxía ás persoas maiores con talleres itinerantes

Poñen en marcha o “Enredando Tour”, que percorrerá 20 localidades galegas, entre xullo e setembro, con talleres lúdicos de capacitación para reducir a fenda dixital

08/07/2023 | 10:01 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta amplía o orzamento que destina á Tarxeta Benvida para atender a todas as peticións

A partida económica deste programa pasa a ser de 35 millóns de euros

07/07/2023 | 15:40 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García afirma que as residencias de maiores comezan unha nova etapa tras levantarse as últimas restricións pola pandemia

Sinala o novo modelo de coidados como a folla de ruta para a mellora do sistema de coidados que pasará por crear centros máis tecnolóxicos, máis parecidos a un fogar, máis coordinados a nivel sociosanitario e con espazos máis reducidos e privados