Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 15.043 novas:

09/07/2024 | 13:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca Galicia como un referente na Compra Pública de Innovación en España

A nosa Comunidade presenta un total de nove proxectos á convocatoria da Liña FID do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades

09/07/2024 | 13:30 | C. do Mar

A Xunta rematará en outubro a modernización da nova planta de preparación e envasado do porto de Celeiro

O obxectivo é afianzar e valorizar os produtos da zona, contribuíndo de xeito paralelo ao incremento do consumo de peixe dunha maneira máis sinxela e rápida e con prezos atractivos para o consumidor

09/07/2024 | 13:09 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta concede este ano 4,7 M€ en axudas a concellos e comunidades veciñais para executar 265 actuacións que melloren os sistemas de abastecemento e saneamento

Ángeles Vázquez salienta que se triplicou o orzamento inicial das convocatorias de 2024 para chegar ao 100% dos concellos solicitantes e que cumprían os requisitos

09/07/2024 | 13:04 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración

José González viaxará este mes á Arxentina e ao Uruguai para seguir potenciando as estratexias de retorno e os lazos coa comunidade galega no exterior

Trátase da primeira viaxe con este propósito do conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, que se vén de reunir cos delegados da Xunta en Bos Aires e Montevideo para perfilar os detalles da visita

09/07/2024 | 12:41 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta

A Xunta leva mañá a Vigo o concerto da canadense Loreena McKennitt dentro de Gozo Festival

É unha das distintas citas deste encontro que conta co apoio de Turismo de Galicia e que levará tamén á cidade de Vigo o vindeiro ano a Anastacia

09/07/2024 | 12:33 | C. de Sanidade

A Xunta garante a calidade, a eficiencia e a seguridade asistencial en Galicia co novo Plan de Inspección dos servizos sanitarios 2024-2027

O novo plan incidirá no control da actividade asistencial que se presta en toda a comunidade, así como na avaliación constante dos seus centros e establecementos sanitarios

09/07/2024 | 12:26 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta agradece a contribución do Curso de Verán de Igualdade da USC na construción dunha Galicia máis feminista e máis diversa

María Quintiana advirte sobre as novas formas de violencia contra as mulleres e as nenas, como as violencias dixitais, destacando que isto só demostra que os avances tecnolóxicos poden converterse en aliados ou en inimigos

09/07/2024 | 12:24 | C. do Medio Rural
09/07/2024 | 12:23 | C. de Economía e Industria

Lorenzana anuncia un novo apoio de 4 M€ ao sector da automoción no marco do Plan director para promover a mellora tecnolóxica en toda a cadea de valor

Lorenzana subliña que con esta nova axuda, a Xunta leva activados 22 M€ para apoiar este sector declarado estratéxico polo Goberno galego na súa transición cara unha mobilidade sustentable