Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 376 novas da área temática Xuventude:

27/01/2023 | 16:15 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca a aposta de Galicia polo ocio educativo e o tempo libre durante todo o ano a través da campaña de verán, Primavera Xove ou o Outono Xove

Coa pasada programación estival puxéronse a disposición das mozas e mozas máis de 10.800 prazas en campamentos, campos de voluntariado e minicampamentos; e promoveuse a empregabiliade de case 1400 directores e monitores

25/01/2023 | 15:04 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta concede axudas a 4.094 galegos para o pago do seu alugueiro a través do novo Bono mocidade

Ángeles Vázquez avanza que o Instituto Galego da Vivenda e Solo está notificando as concesións aos beneficiarios e as subvencións empezarán a pagarse en febreiro

22/01/2023 | 10:37 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor o talento da mocidade mediante xornadas escolares que chegan esta semana ao IES Marco de Camballón de Vila de Cruces

Persoal técnico do Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego Pontevedra Norte e Rías Baixas impartirán charlas ao alumnado deste centro mañá e o 30 de xaneiro

20/01/2023 | 11:59 | A Presidencia da Xunta

A Xunta estrea perfil en TikTok e convértese no primeiro Goberno autonómico de España en contar cunha canle nesta rede social

O principal obxectivo desta nova conta, dispoñible en https://www.tiktok.com/@xuntadegalicia, pasa por facer chegar información de interese á xuventude dun xeito máis informal, dinámico, e favorecer o alcance e visibilidade das iniciativas postas en marcha polo Goberno galego

18/01/2023 | 14:54 | A Presidencia da Xunta; C. de Política Social e Igualdade

Rueda destaca que as axudas da Xunta para que a xuventude obteña o carné de conducir xa beneficiaron a preto de 4.000 mozos

Avanza que se incrementará o orzamento desta liña de subvencións de cara a vindeiras convocatorias para chegar a máis beneficiarios

18/01/2023 | 13:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta debate a participación xuvenil na construción de Europa coa mocidade do ‘Movemento Europeo’

O director xeral de Relacións Exteriores, Jesús Gamallo, mantivo un encontro con mozos e mozas galegos beneficiarios do proxecto ‘A voz da xeración Erasmus’

16/01/2023 | 10:26 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta investirá 1,9 M€ no programa de atención terapéutica de menores en réxime de protección ata o ano 2026

O Diario Oficial de Galicia publica a convocatoria desta iniciativa que se aplicará por vez primeira en réxime de concerto o que permitirá desenvolvelo en todas as provincias galegas