Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 858 novas da área temática Economía:

18/10/2023 | 18:54 | C. de Economía e Industria

Catro candidaturas galegas optan aos Premios Nacionais de Artesanía 2023

O cesteiro de Pazos de Borbén Álvaro M. Leiro é finalista do Premio Nacional de Artesanía; o obradoiro de tecido Inés Rir&CO (Allariz) opta á categoría Produto pola súa manta “D-Leite”, elaborada con proteína láctea; e a cesteira Julia de la Cal (O Porriño) está nomeada na categoría Emprendemento

18/10/2023 | 17:16 | C. de Economía e Industria

O Bono Activa Comercio da Xunta mobiliza preto de 12 M€ en vendas no sector e esgota o seu orzamento en menos de 10 días

Na cuarta edición do programa participaron máis de 6.700 establecementos de toda Galicia e beneficiáronse máis de 124.300 clientes, contribuíndo a incentivar a demanda e a atraer consumidores ao comercio de proximidade

18/10/2023 | 16:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O programa de financiamento comunitario “TecEuropa” abre a inscrición para a súa 19ª edición

O curso, en formato virtual, volverá contar con expertos no financiamento comunitario que a través de contidos teóricos e prácticos achegarán as opcións de fondos europeos dispoñibles para as entidades públicas e privadas.

18/10/2023 | 15:26 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

A Xunta destina máis de 3 M€ a impulsar a internacionalización de pemes e autónomos galegos contribuíndo á diversificación de novos mercados

Rueda salienta que o obxectivo é que as empresas galegas sigan batendo récords de exportacións e abríndose “a novos mercados”

17/10/2023 | 14:45 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa con 300.000 € un plan formativo para preto de 1.000 comerciantes en colaboración coa Cámara da Coruña

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, presentou hoxe o acordo mediante o cal se desevolverán 26 cursos na modalidade de teleformación

17/10/2023 | 13:13 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles destaca o “decisivo papel” do Camiño de Santiago para revitalizar a economía do rural galego

Refírese ao positivo impacto que ten a actividade dos peregrinos nas contornas “polo efecto multiplicador do gasto que realizan nos establecementos locais”

17/10/2023 | 12:48 | C. do Medio Rural

A Xunta destina 16,5 millóns de euros en axudas para o desenvolvemento do tecido industrial do sector forestal

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución de dúas liñas de axuda convocadas pola Axencia Galega de Industria Forestal para investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización dos produtos forestais; e para a valorización e segunda transformación da industria forestal galega e do contract

16/10/2023 | 22:12 | A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia investimentos de 18 M€ para facer de Ferrol a cidade do deporte e novas actuacións nos tres barrios BIC

Anuncia un acordo entre Xunta e Concello para comezar a traballar nun convenio de colaboración que supoña investir 18 millóns de euros ata 2027 en actuacións de rexeneración urbana na cidade e converter a Ferrol na cidade do deporte do futuro

16/10/2023 | 16:15 | C. de Facenda e Administración Pública

Miguel Corgos trasládalle aos empresarios o compromiso da Xunta coa estabilidade para atraer investimentos a Galicia

O Conselleiro de Facenda e Administración Pública reuniuse hoxe co presidente da Confederación de Empresarios de Galicia para falar dos Orzamentos do vindeiro ano