Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 561 novas da área temática Deporte:

24/07/2023 | 17:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

As axudas da Xunta para actividade deportiva en 2023 dotadas con 2 M€ acadan o número máximo de clubs con 1.317 entidades beneficiarias

No caso dos Núcleos de Adestramento Deportivo Especializado (NADE), nesta ocasión foron concedidas as axudas de 30.000 euros a cinco NADEs: Club Kayak Tudense, Club BKC Kickboxing Coruña, Club Deportivo Natural Sport Videlgi, Club Halterofilia Coruña e Real Club Deportivo de La Coruña S.A.D.

21/07/2023 | 13:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

Publicada a relación de deportistas galegos de alto nivel que xa supera os mil recoñecidos, así como a lista das solicitudes admitidas para as axudas de 2023

O alto nivel de Galicia acada números históricos en todas as súas categorías e xa prepara as axudas de 2023

21/07/2023 | 13:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste 550.000 € na mellora e reparación do estadio municipal da Malata en colaboración co Concello de Ferrol

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, asinaron o acordo para reforzar a seguridade dunhas instalacións deportivas emblemáticas para cidade ferrolá

20/07/2023 | 15:41 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

Rueda avanza que o proxecto da Factoría do deporte galego-Galicia Sports 360 xa dispón da aprobación inicial como Proxecto de Interese Autonómico

Explica que o Consello da Xunta autorizou hoxe esta declaración en tanto esta é unha iniciativa “relevante” e que transcende o ámbito municipal

19/07/2023 | 15:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Descenso Urbano Vila de Sarria chega á súa décima edición a finais de xullo co apoio da Xunta

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, destaca que este circuíto de referencia a nivel nacional supón “un pulo máis para a dinamización económica e turística da zona”

19/07/2023 | 13:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete visita o 34º Stage Internacional de Tecnificación de judo de Marín que axuda a 150 deportistas de base a chegar ao máis alto

Asegura que estas concentracións axudan á rapazada a chegar ata a carreira olímpica na que agora mesmo hai sete judokas con licencia galega: Niko Shera, Fran Garrigós, Alberto Gaitero, David García, Laura Martínez, Estrella López e José Antonio Aranda

18/07/2023 | 17:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete Lasa destaca o gran nivel “deportivo e solidario” da vela galega na presentación da 48ª edición do Trofeo Conde de Gondomar

O Trofeo Conde de Gondomar Gran Premio Zelnova Zeltia Banco Sabadell, organizado polo Monte Real Club de Yates de Baiona e que terá lugar do 22 ao 25 de xullo, porá en liza o Trofeo Conde de Gondomar, o Trofeo Erizana e o Trofeo Carrumeiro Chico entre os preto de cen barcos cruceiros OCR, monotipos Fígaro e J80

18/07/2023 | 12:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor participa na presentación do Campionato de Europa Snipe Junior 2023

O delegado da Xunta destacou a importancia de eventos coma estes como “unha oportunidade única para, a nivel turístico, promocionar a nosa comunidade e a súa riqueza paisaxística, e a nivel deportivo, para construír Galicia como un lugar idóneo para a práctica do deporte de alto nivel