Actualidade
Buscador de novas
A Xunta e a USC colaborarán na execución de actuacións para a cría e reprodución fóra do seu hábitat de especies ameazadas como o mexillón de río
Ángeles Vázquez salienta que o obxectivo principal é contribuír a mellorar o estado de conservación das especies de náiades máis sensibles presentes nos ríos galegos
A Xunta recoñece a aposta dos concellos de Burela e Mondoñedo polas boas prácticas ambientais coa entrega de sendas bandeiras verdes
O director do Instituto de Estudos do Territorio fixo entrega destes distintivos, que no caso de Burela recibe por primeira vez e no de Mondoñedo, por terceira
Galicia amplía ata 157 a rede de estacións para rexistrar e prever as incidencias meteorolóxicas
Estas instalacións permiten medir parámetros como a temperatura, humidade relativa, precipitacións, vento, radiación solar, presión, etc.
Trenor destaca o investimento de máis de 614.000€ nos concellos da comarca de Bergantiños-Costa da Morte para a mellora do seu medio natural a través do fondo de compensación ambiental
Estes apoios contaron con dúas liñas, unha dirixida a concellos nos que haxa parques eólicos e outra a todos os concellos e a mancomunidades ou consorcios locais de Galicia
A Xunta colabora co Concello de Ortigueira cunha axuda de case 163.000 euros para a adquisición dun vehículo multiservizos entre outros investimentos
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, comprobou a nova adquisición para a prestación de servizos municipais
Galicia defenderá ante o Tribunal Constitucional que ten competencias plenas para ordenar o seu litoral
A Xunta velará polos intereses das empresas e cidadáns con instalacións na liña de costa fronte a un Goberno central que obviou cuestións do informe do Consello de Estado que chocaban co seu obxectivo de eliminar todo vestixio humano do litoral
Galicia reclama ao Estado que revise as sancións da nova Lei de benestar animal por desproporcionadas e para harmonizalas co resto da normativa sectorial
Belén do Campo avisa de que coa norma estatal ter un animal de compañía sen microchip se persegue con 10.000 € mentres que a multa por non contar coa licencia preceptiva para a tenza dun can potencialmente perigoso mantense en 2.400 €
Galicia acollerá en decembro a xornada de lanzamento do proxecto europeo Green Gap para o desenvolvemento de infraestruturas verdes a nivel local
A finalidade do desenvolvemento dunha infraestrutura verde é a creación dunha rede de espazos e elementos que melloren a resiliencia ante o cambio climático, contribúan á conservación da biodiversidade e beneficien ás poboacións da contorna
A Xunta concede axudas por máis de 2,2 M€ para axudar ás entidades locais na mellora da recollida de residuos municipais
As axudas teñen como obxectivo impulsar a economía circular no eido local e avanzar cara ao cumprimento dos obxectivos comunitarios na materia