Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.053 novas da área temática Emprego:

15/01/2024 | 14:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo apela ao traballo conxunto e constante cos sectores da economía de Galicia para avanzar na mellora da prevención de riscos laborais

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, presentou hoxe no balneario de Laias a campaña autonómica 'Cóidate' que pon o foco nos establecementos de augas minerais e termais para minimizar os riscos laborais

14/01/2024 | 14:00 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade reúnese co alcalde e empresarios de San Cristovo de Cea para avaliar as oportunidades laborais da zona

Rivo sinala a importancia de reforzar os recursos destinados a ofrecer unha formación axustada ás demandas do tecido empresarial para dar resposta ás vacantes de traballo

12/01/2024 | 14:37 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo pon de relevo o labor dos galardoados cos premios Luís Tilve 2023 a prol das condicións laborais das persoas traballadoras en Galicia

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade participou no acto de entrega do recoñecemento a Jesús Díaz e José Carrillo, onde destacou o “valor social, político e histórico” da súa andaina dentro do mundo sindical da nosa Comunidade

12/01/2024 | 14:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta abre o próximo 16 de xaneiro o prazo de solicitude para as axudas de promoción do emprego autónomo para 2024

A delegada territorial en Ferrol, Martina Aneiros, participou nun encontro coa Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) Ferrolterra onde expuxo os apoios da Administración autonómica para impulsar o traballo por conta propia
 

12/01/2024 | 11:58 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor a colaboración coa Fundación Juan XXII para a mellora da empregabilidade das persoas con discapacidade

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, visitou hoxe a fundación para coñecer o seu labor

11/01/2024 | 15:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Trenor informa que está aberta a convocatoria de case 11 m€ para axudas a entidades locais para previr a violencia de xénero, promover a igualdade e a conciliación e apoiar os CIM

O programa da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade está dirixido a concellos, consorcios ou mancomunidades, de xeito individual ou con xestión com-partida

11/01/2024 | 14:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta explica en Lugo as liñas de axuda ao emprego autónomo que poderán solicitarse a partir do martes

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, informou ao presidente do Colexio Profesional de Graduados Sociais, Manuel Núñez, dos pormenores da convocatoria

11/01/2024 | 14:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A delegada da Xunta visita aos alumnos do novo obradoiro dual que formará a 20 persoas desempregadas en Salceda de Caselas

A delegada territorial, Ana Ortiz, fixo un percorrido polo Centro de Desenvolvemento Local de O Torrón no que se celebra o curso “Melloras e reformas de centros formativos e cívicos”

09/01/2024 | 14:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta crea 13 novos postos de traballo na residencia de maiores de Caranza e no centro de atención de menores de Ferrol

A delegada territorial en Ferrol, Martina Aneiros, mantivo un encontro coa directora da residencia de maiores e visitou o centro sociocomunitario integrado nestas instalacións

09/01/2024 | 13:20 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O Diario Oficial de Galicia convoca as axudas de promoción do emprego autónomo por 29 M€ para 2024, que inclúen a cota cero para novas altas

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, visitou hoxe a asociación Compostela Monumental, onde expuxo os apoios da Xunta para financiar os primeiros gastos da actividade dos traballadores por conta propia