Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 561 novas da área temática Deporte:

09/08/2023 | 10:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste preto de 370.000 euros en 16 axudas a 11 concellos de Ferrol, Eume e Ortegal para instalacións e material deportivo

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, informou da resolución desta orde da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes durante unha visita ao pavillón municipal das Somozas

04/08/2023 | 15:28 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta subvenciona máis de 230.000 euros para instalacións deportivas e compra de material no Salnés e Ullán

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o Campo de Fútbol de A Senra en Ribadumia, onde grazas a estas axudas se realizará unha mellora das instalacións

04/08/2023 | 14:00 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca que eventos como Equiocio contribúen a amosar as bondades da comarca de Ferrolterra e Galicia atraendo cada ano a máis visitantes

Asegura que a cita sabe combinarse co turismo e con atractivos como o Camiño Inglés “que está crecendo de xeito exponencial e cada vez máis peregrinos descobren esta comarca e se marabillan de todo o que ven”

04/08/2023 | 13:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

As piscinas do Complexo deportivo de Monterrei abren ao público este mércores cunha cabida de 1.800 persoas e acceso gratuíto

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou o parque acuático no concello ourensán do Pereiro de Aguiar

03/08/2023 | 15:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O motociclismo de base entra no programa Xogade Viaxando polas catro provincias galegas neste 2023

Vilanova de Arousa (19 de agosto), Outeiro de Rei (2 de setembro), A Laracha (16 de setembro) e Ourense (2 de decembro) serán as catro citas do ‘Xogade coas motos’ en 2023

03/08/2023 | 14:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Ana Ortiz destaca a conexión da Regata Rías Baixas co Xacobeo para fomentar o intercambio cultural

A delegada territorial en Vigo participou na presentación da proba que celebra este ano a súa 60 edición da man do Real Club Náutico de Vigo

31/07/2023 | 15:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

As persoas técnicas, adestradoras, xuízas e árbitras de alto nivel optarán por primeira vez a axudas económicas por importe global de 30.000 euros

Na actualidade Galicia conta con 1.009 deportistas galegos recoñecidos (381 mulleres e 628 homes). Dentro destes hai 15 técnicos/adestradores de alto nivel (catro mulleres e 11 homes), así como doce árbitras/xuízas (nove mulleres e tres homes)

28/07/2023 | 12:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A primeira orde da Xunta de instalacións e material deportivo para concellos deixa 148 municipios galegos beneficiados con preto de 6 millóns de euros

A provincia máis beneficiada foi A Coruña con 87 axudas para 53 concellos; seguida de Lugo con 51 axudas para 35 concellos. En Pontevedra repartíronse 44 axudas para 30 municipios, unhas cifras moi similares as de Ourense que obtivo 43 axudas para outros 30 concellos