Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 761 novas da área temática Benestar:

29/07/2023 | 10:02 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García felicita ao Centro Galicia en Bos Aires polo seu 44 aniversario

Asinou tamén un protocolo de colaboración co Centro Galego Mar del Plata por valor de 10.000 euros para apoiar as súas actividades e centro de día de atención a maiores

28/07/2023 | 17:05 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta sinala que a prevención é a fase fundamental para a protección da infancia

O Espazo de preservación familiar comezou a funcionar o pasado ano ofrecendo apoio familiar en casos de desprotección leve para evitar que os nenos entren no sistema de protección

27/07/2023 | 17:25 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García enxalza o papel dos galegos emigrados na mellora da calidade de vida das persoas maiores

Destaca o labor de mulleres emigradas como Regina Jallas, natural de Santa Comba, e actual presidenta de honra da entidade Recreo de los Ancianos

27/07/2023 | 13:13 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta seguirá reforzando o seu compromiso coa atención temperá, que chega xa a máis de 200 municipios galegos

Este centro dá cobertura aos concellos de Sanxenxo, O Grove, Meaño, Meis e Ribadumia e vén de iniciar este mesmo ano a súa actividade

25/07/2023 | 17:48 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta reforza a colaboración coas sociedades Rosalía de Castro en Brasil para mellorar a atención nos seus centros de día

Asinou dous protocolos de colaboración cos centros de día destas entidades, por un valor de 10.000 euros cada un, para garantir a súa calidade de atención

25/07/2023 | 11:06 | C. do Medio Rural

A Xunta colaborará na rehabilitación do centro social de Vilalvite, en Friol, cunha achega de case 132.000 €

A Consellería do Medio Rural asinou un convenio para a concesión dunha achega coa finalidade de levar a cabo un proxecto senlleiro de urbanización exterior e rehabilitación interior deste centro social

21/07/2023 | 13:11 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abre mañá o prazo para que os concellos pidan axudas para mellorar a accesibilidade nos seus edificios e espazos públicos

Destínanse máis de dous millóns de euros para avanzar na supresión de barreiras en concellos e mancomunidades que conten cun censo máximo de 10.000 habitantes

21/07/2023 | 13:06 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o traballo a pé de campo e durante todo o ano que realizan as entidades de discapacidade

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou hoxe a sede de Fademga Plena Inclusión