Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 358 novas da área temática Administración pública:

13/01/2023 | 11:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora na rehabilitación dos depósitos de auga da Asociación de Convenios de Usuarios de Penalta, en Caldas de Reis

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luís López, visitaron o lugar das obras, que contaron cunha achega de 12.000 euros do Goberno galego

13/01/2023 | 11:29 | C. do Medio Rural

A Xunta potencia o papel das súas oficinas no rural para mellorar a atención á súa poboación

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a o decreto polo que se modifica a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e que refunde modificacións anteriores

10/01/2023 | 13:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta leva investidos máis de 727.700€ para colaborar en actuacións do concello de Ames

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, mantivo hoxe un encontro co alcalde da localidade, Blas García, para abordar posibles liñas de colaboración en proxectos conxuntos

09/01/2023 | 14:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reúnese coa Administración estatal e local para buscar solucións ao problema dos xabarís na cidade de Ourense

O delegado provincial amosou a súa preocupación pola frecuencia coa que nas últimas xornadas estes animais se achegan ás zonas urbanas e promoveu este encontro no que participaron distintas administracións —estatal, autonómica e local—, as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, a Policía Autonómica e representantes veciñais

06/01/2023 | 14:58 | A Presidencia da Xunta
04/01/2023 | 11:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destinou en 2022 máis de 471.000 € a apoiar melloras nos locais de 31 asociacións veciñais de Ourense

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitaron as instalacións da asociación de veciños Quince de agosto, en Reza, que recibiu 12.000 euros
 

03/01/2023 | 11:58 | C. de Facenda e Administración Pública

A Canle +65 da Xunta atendeu máis de 3.000 chamadas desde a súa posta en servizo no mes de outubro

Esta iniciativa pioneira inclúe servizos como a atención presencial prioritaria nas Oficinas de Información e Rexistro da Xunta de Galicia, así como nas oficinas da Axencia Tributaria de Galicia

02/01/2023 | 12:20 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta recorre a resolución do Instituto Xeográfico Nacional respecto ao topónimo da Ría de Ribadeo

O Goberno galego presenta un recurso de alzada ante o Ministerio de Transportes logo de que outorgase ao topónimo Ría del Eo o mesmo nivel de oficialidade