Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 376 novas da área temática Xuventude:

15/02/2023 | 12:16 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca a labor dinamizadora e informativa que realizan os Correspondentes Xuvenís

Estudantes de Formación Profesional Básica de Electricidade e electrónica e do ciclo medio de Xestión administrativa encárganse de actualizar o taboleiro de anuncios do centro, poñen en marcha un grupo de lectura, participan en obradoiros de intelixencia emocional ou preparan actividades para o entroido, entre outras accións

11/02/2023 | 14:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Diego Calvo pon en valor as actividades do programa Xogade para inculcar a práctica da actividade física aos rapaces e rapazas en idade escolar

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, acompañou hoxe en Sada aos case 500 participantes na fase provincial da Coruña da actividade de Campo a Través do programa Xogade

11/02/2023 | 11:45 | C. de Política Social e Igualdade

O programa de ocio educativo ‘Día da Xuventude’ da Xunta chega mañá a Mugardos

A xornada contará con xogos e con obradoiros de empregabilidade, de igualdade de xénero, de sensibilización medioambiental, de gastronomía saudable e de lecer educativo entre outros

10/02/2023 | 13:25 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abre o prazo para participar na terceira edición do programa Xuventude Mentoring

Máis de 300 mozos de entre 18 e 30 anos participaron neste programa para formarse, asesorarse e lograr o seu primeiro contacto co mundo laboral

10/02/2023 | 12:45 | C. de Política Social e Igualdade

O programa de ocio educativo ‘Día da Xuventude’ da Xunta chega a Sarria mañá

A xornada contará con xogos e con obradoiros de empregabilidade, de igualdade de xénero, de sensibilización medioambiental, de gastronomía saudable e de lecer educativo entre outros

08/02/2023 | 14:44 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rueda destaca as oportunidades que ofrece o programa Emprega Xuventude para abrir as portas do mercado laboral ao talento da mocidade galega

Recorda que tralo éxito da primeira edición, o Goberno autonómico sacou unha nova convocatoria á que destina preto de 30 M€ para facilitar a contratación de preto de 2.000 mozas e mozos

08/02/2023 | 12:23 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta impulsa co Concello de Mos un programa de voluntariado interxeracional centrado nos coidados aos maiores

A iniciativa leva por título ‘Compartindo experiencias de vida’ e inclúe actividades como faladoiros, exercicios físicos na casa, musicoterapia ou ensinanza de instrumentos tradicionais

06/02/2023 | 14:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez afirma que o compromiso de alumnos e docentes coa innovación “son o mellor exemplo de aposta pola igualdade e a inclusión nas aulas”

O conselleiro de Educación preside o acto de entrega dos premios Innovagal aos 20 centros e dez profesores gañadores das tres edicións