Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 520 novas da área temática Igualdade:

04/07/2023 | 14:11 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta avoga por un tecido produtivo forte, dinámico e aberto ao talento das persoas con discapacidade

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou en Vilagarcía de Arousa na clausura da xornada Aportando talento á túa empresa, organizado por Inserta Emprego da Fundación Once

03/07/2023 | 12:53 | C. de Emprego, Comercio e Emigración
01/07/2023 | 13:31 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta conmemora os valores do cooperativismo nun acto en Narón no que destacou a súa contribución a unha economía galega sustentable e igualitaria

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, acompañada da delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, presidiron o Día galego do cooperativismo celebrado en Agroflor (Narón)

30/06/2023 | 12:28 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta renova por quinto ano o convenio de colaboración coa Fundación Secretariado Xitano para sensibilizar e loitar contra a violencia de xénero

O programa, dotado con 25.000 euros, contribúe na mellora da atención ás mulleres xitanas vítimas de violencia de xénero e na sensibilización en materia de igualdade

28/06/2023 | 11:27 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta convoca por terceiro ano as axudas para a contratación de mulleres vítimas de violencia de xénero en entidades sen ánimo de lucro

O programa de apoios publícase hoxe no Diario Oficial de Galicia e poderanse solicitar desde mañá até o vindeiro 28 de xullo

26/06/2023 | 13:10 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en marcha Espazo Conciliación en Ferrol para favorecer a corresponsabilidade familiar

Esta iniciativa de balde, promovida pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, vai dirixida a nenas e nenos de entre 4 e 16 anos e desenvólvese en horario de mañá e tarde ata o 16 de xullo

25/06/2023 | 11:33 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta asina o convenio para a formación en igualdade laboral de persoas traballadoras coa Federación Galega de Parques Empresariais (Fegape)

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade ofrece un programa en liña para formar empresas en igualdade laboral grazas ao convenio subscrito con Fegape, que terá vixencia os próximos catro anos

22/06/2023 | 15:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta participa na mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero da Mancomunidade Terra de Celanova

O delegado territorial indicou que compete aos poderes públicos a loita para a prevención e a erradicación da violencia de xénero

20/06/2023 | 14:18 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez agradece ás Fundacións INGADA e María José Jove a súa implicación para conseguir unha escola plenamente inclusiva

O conselleiro de Educación destaca o compromiso destas entidades a través da Bolsa INGADA-Fundación María José Jove para proxectos no eido do TDAH que recaeu na profesora Eva Álvarez, do Instituto Sanxillao de Lugo