Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 476 novas da área temática Forestal:

24/04/2023 | 14:48 | C. do Medio Rural

A Xunta avanza na implantación dun pasteiro no monte Cabadas, en Cartelle, para impulsar o aumento da base territorial das explotacións e a anticipación aos incendios

José Balseiros e os veciños visitaron a zona na que se prevé a creación deste pasto de preto de 20 hectáreas

23/04/2023 | 13:52 | C. do Medio Rural

A Xunta executou traballos preventivos en montes do distrito forestal XII Miño-Arnoia

A finalidade destas actuacións é xestionar a biomasa en áreas declaradas de alto risco de incendios forestais para así protexer e defender os montes contra os lumes

20/04/2023 | 15:23 | A Presidencia da Xunta; C. do Medio Rural

O Goberno galego inicia a tramitación do anteproxecto de Lei de loita integral contra os incendios forestais situando a xestión do territorio como medida de prevención fundamental

Rueda explicou que vai “actualizar” a normativa vixente que conta con máis de 16 anos e que busca “aportar unha nova visión global da loita contra o lume”, froito da experiencia acumulada e das achegas de expertos

19/04/2023 | 14:54 | C. do Medio Rural

A Xunta adxudicou 20 lotes de madeira por 815.000 € na última poxa pública electrónica de madeira da provincia de Pontevedra

Os importes acadados na poxa manteñen a tendencia dos prezos da madeira de coníferas avanzado en anteriores poxas, sendo previsible que continúen nestes niveis debido a que esta madeira está sendo moi demandada internacionalmente polas súas múltiples aplicacións

16/04/2023 | 12:34 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en marcha un novo sistema de teledetección de aproveitamentos forestais

O sistema permitirá detectar calquera aproveitamento forestal que se produza en territorio galego
 

15/04/2023 | 13:27 | C. do Medio Rural

A Xunta avanza nos traballos de roza e posta a punto dos novos polígonos agroforestais de Vences, no concello de Monterrei, e de Pousada, en Riós

O polígono de Vences mobilizará 22,44 hectáreas de superficie, divididas en 535 parcelas propiedade de 331 veciños e será empregado para cultivos leñosos como o viñedo

14/04/2023 | 11:14 | C. do Medio Rural

A Xunta inicia o procedemento de aprobación para o desenvolvemento dun polígono agroforestal de iniciativa pública no concello ourensán de Montederramo

O polígono constará de case 100 hectáreas, que se prevén destinar a gandaría e a cultivos forraxeiros/herbáceos

13/04/2023 | 14:51 | C. de Economía e Industria; C. do Medio Rural

A Xunta impulsa en colaboración cos concellos un sistema de xestión de biomasa na contorna das aldeas, cun visor público e coa revisión de faixas secundarias polas brigadas municipais

O principal obxectivo deste plan é evitar que se produzan incendios forestais ou que, no caso de que se rexistren, a súa propagación sexa a menor posible

12/04/2023 | 13:56 | C. do Medio Rural

A Xunta escenifica en baralla a súa aposta pola madeira de frondosas caducifolias

O director da Axencia Galega da Industria Forestal e o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, acompañados polo delegado territorial da Xunta en Lugo, visitaron esta mañá as instalacións de Maderbar