Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 561 novas da área temática Deporte:

17/08/2023 | 14:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial destaca a importancia dos deportes marítimos en Galicia na presentación da LV Regata de San Roque en Vilagarcía

Agustín Reguera agradeceu a gran labor do Real Club de Regatas de Galicia e lembrou que a Xunta sempre está disposta a colaborar na promoción do deporte

16/08/2023 | 13:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Gabriel Alén pon en valor os case 1,3 M€ que a Xunta destina a programas de igualdade e conciliación na provincia de Ourense

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, salientou o apoio do Goberno galego con 1.267.901,40 a 68 concellos da provincia de Ourense no desenvolvemento de programas orientados a favorecer a igualdade entre mulleres e homes, fomentar a conciliación e a corresponsabilidade e para financiar o labor dos Centros de Información á Muller (CIM) como recursos de proximidade

14/08/2023 | 19:27 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta destaca a posición de vantaxe de Galicia como destino para as competicións náuticas de primeiro nivel

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participaron na entrega de premios da 60ª Regata Rías Baixas que hoxe rematou en Vigo

12/08/2023 | 13:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O CGTD terá 160 prazas nas súas 13 especialidades deportivas máis outras 20 para os equipos nacionais de piragüismo na tempada 2023-2024

As federacións deportivas galegas aínda poden presentar as solicitudes dos seus deportistas ata o 14 de agosto

11/08/2023 | 13:44 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Piñor destinan máis de 450.000 € á construción dun edificio de usos múltiples no municipio

Esta obra acometeuse ao abeiro plan Hurbe, un programa impulsado polo Goberno galego en 2010 co fin de axudar ás administracións locais a financiar este tipo de proxectos municipais

11/08/2023 | 10:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta achega case 1,4 M€ a 35 concellos lucenses para mellorar instalacións deportivas e adquirir equipamento

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que o campo de fútbol da Marosa, en Burela, beneficiarase destas axudas para instalar un novo peche perimetral

10/08/2023 | 14:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 2,8 millóns de euros a 14 federacións deportivas para promover a conciliación ao abeiro do Plan Corresponsables en 2023

Balonmán, Tenis, Salvamento, Taekwondo, Piragüismo, Boxeo, Montañismo, Vela, Loita, Esgrima, Fútbol, Tríatlon, Surf e Hóckey foron as federacións galegas beneficiadas neste 2023 no que orzamento total do plan sobe un 10% con respecto a 2022

10/08/2023 | 12:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta comprométese na mellora das instalacións e adquisición de material deportivo dos concellos da provincia de Ourense

Gabriel Alén destacou que en Ourense foron beneficiarios 30 concellos que obtiveron un total de 43 axudas, que supuxo un investimento total na provincia de ao redor de 1,2 millóns de euros
 

09/08/2023 | 13:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta amplía as axudas para instalacións e material deportivo para concellos cunha nova orde de 2 M€

Esta nova orde, publicada hoxe no DOG, súmase á primeira convocatoria de 6M€ resolta a finais de xullo, que beneficiou a 148 concellos a través da concesión de 225 axudas