Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 376 novas da área temática Xuventude:

28/02/2023 | 20:02 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social e Xuventude participa no 25 aniversario da Escola de Familias do colexio Pablo VI da Rúa

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, impartiu unha conferencia sobre a importancia de educar en Familia

28/02/2023 | 12:35 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Lorenzana avanza que a Xunta destinará este ano 30 M€ para incentivar a contratación de mozas e mozos a través da nova edición do Plan Emprega Xuventude

Coñeceu de primeira man a traxectoria da firma de venda de material deportivo referente a nivel estatal que grazas a esta liña de apoios contratou tres persoas

27/02/2023 | 10:17 | C. do Medio Rural

A Xunta amplía ata o vindeiro 27 de marzo o prazo de solicitude das axudas para a incorporación da mocidade ao agro, plans de mellora e o desenvolvemento de pequenas explotacións

As achegas, que contan cun orzamento de 38,8 millóns de euros, procuran acadar un rexuvenecemento da poboación activa agraria e o fomento do emprego no sector, con especial consideración cara ás mulleres, co fin último de fixar poboación no rural

25/02/2023 | 19:30 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en marcha en Melide o Día da Xuventude para achegar ocio saudable á mocidade

Entre as actividades propostas hai xogos, actuacións musicais e obradoiros de empregabilidade, de igualdade de xénero, de sensibilización medioambiental, de gastronomía saudable e de lecer educativo, entre outros

24/02/2023 | 13:31 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Lorenzana pon en valor o programa Investigo co que a Xunta aposta pola xeración de emprego xuvenil na investigación, a tecnoloxía e a innovación

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe en Santiago de Compostela a empresa Teimas Desenvolvemento, beneficiaria destes apoios para a contratación de menores de 30 anos

19/02/2023 | 15:37 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta participa nas actividades de ocio educativo con motivo do ‘Día da xuventude’ en Santa Comba

Entre as actividades propostas hai xogos, actuacións musicais, como a de DJ Rokiño e obradoiros de empregabilidade, de igualdade de xénero, de sensibilización medioambiental, de gastronomía saudable e de lecer educativo, entre outros

19/02/2023 | 11:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e Ronsel de Ideas lanzan o xogo familiar ‘Ti es a chave da primavera’ co gallo da celebración do Día Internacional da Lingua Materna

O proxecto está orientado á rapazada de Primaria e inclúe un conto dixital e recursos interactivos adicionais tomando como fío condutor o lema Mil primaveras máis

18/02/2023 | 14:31 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta convoca unha nova edición dos premios Talento Mozo para recoñecer a traxectoria e capacidade da mocidade galega

Distinguiranse as mellores candidaturas nas modalidades de Ciencia, Rural, Deporte, Empresa e Cultura e creación

17/02/2023 | 14:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia o novo centro de estancia de Campo Lameiro, que abrirá as súas portas o vindeiro mes de marzo cunha unidade de vida activa

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, e o alcalde, Carlos Costa, informaron da apertura deste servizo na visita que realizaron hoxe ás xornadas de portas abertas