Actualidade
Buscador de novas
Rueda salienta o potencial de Punta Langosteira para converterse nun referente industrial, loxístico e da transición enerxética de toda Europa
Defende a eólica mariña como unha “oportunidade” deste porto para seguir medrando, polo que lle reclama ao Goberno central que manteña o apoio á plataforma experimental para este lugar tal e como se ten comprometido
Ángeles Vázquez chama á unidade do Parlamento para exixir ao Estado que retire o recurso contra unha Lei do litoral que só defende os intereses dos galegos
A Xunta censura a arbitrariedade do Goberno central neste asunto pois descartou o diálogo, recorreu directamente ao Tribunal Constitucional e excluíu das súas teses cuestións do informe do Consello de Estado que non avalaban a súa posición
Ángeles Vázquez pon en valor a viticultura como aliado clave contra o cambio climático e referente na aposta pola sostibilidade
Tras lembrar que a Denominación de Orixe Rías Baixas é a máis grande de Galicia e unha das máis antigas, convida á entidade a unirse á Alianza galega polo clima para sumar a súa experiencia e compromiso coa terra e a paisaxe á loita contra o quecemento global
Alumnos do Centro Pedro Murias da Xunta reciben formación práctica sobre o medio natural e a recuperación de fauna
Os estudantes do ciclo dual de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural visitaron o Centro de Recuperación da fauna do Veral, en Lugo
Galicia traballa nunha solución innovadora para optimizar a captura de carbono coa que avanzar no obxectivo de acadar a neutralidade climática en 2040
A comunidade busca a través do proxecto SICLE promover a absorción de carbono en zonas forestais, terreos agrícolas e áreas costeiras e de acuicultura que permitan unha compensación de CO2 de proximidade
A Xunta reitera a necesidade de modificar a Lei de benestar animal do Estado para facela aplicable e asumible para as comunidades autónomas e concellos
O Executivo galego censura que a normativa do Goberno central vai máis aló do que debería ser unha lexislación básica sen atender as alegacións das partes implicadas e xerando numerosas críticas dos distintos sectores afectados
A Xunta pon en valor que as 4 provincias galegas presentan candidaturas para contar co distintivo de Sendeiros azuis en 2024
Belén do Campo incide en que o obxectivo é revalidar o resultado obtido na pasada edición destes galardóns, cando se converteu na autonomía co maior número de distintivos deste tipo con 35 itinerarios recoñecidos
A Xunta e o goberno vasco comparten coñecementos e experiencias sobre inventarios forestais rexionais
O goberno galego, a través da Consellería do Medio Rural, está a colaborar coa Fundación Hazi, unha entidade instrumental da administración vasca, para analizar os pasos dados en materia forestal
Galicia Calidade salienta a excelencia das plantas e flores da empresa de Boqueixón Viveiros Compostela
A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, entregou a nova sinalización que acredita co selo de garantía a esta compañía, aliñada co compromiso respectuoso do entorno e o coidado das materias primas
Máis de 23.000 escolares participaron o curso pasado nas accións de educación ambiental da Xunta para poñer en valor o patrimonio natural galego
Belén do Campo avoga por seguir apostando pola formación para concienciar á sociedade no coidado da contorna e reforzar os lazos entre natureza e mocidade