Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.406 novas da área temática Infraestruturas:

13/01/2024 | 13:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta encarga a redacción do proxecto para habilitar unha nova senda na estrada AC-542 nas proximidades do Mesón do Vento, no Concello de Ordes

O obxectivo é definir as actuacións necesarias para habilitar un novo itinerario de 1,8 km que dará continuidade ao xa executado nesta vía, no límite municipal entre Carral e Ordes

13/01/2024 | 11:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 5 ofertas para completar a mellora integral da estrada autonómica PO-235 ao paso polo concello da Lama

A actuación suporá un investimento de 3,9 M€ e ten un prazo de execución de 12 meses

12/01/2024 | 13:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A afección ao tráfico da avenida das Caldas motivada polas obras de humanización posponse ata o 22 de xaneiro pola reorganización dos traballos

As obras de execución da nova senda obrigan á ocupación dun carril, de xeito que o treito afectado da avenida quedará aberto só en sentido de baixada, de acordo co acordado co Concello

12/01/2024 | 11:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta encarga a redacción do proxecto para executar unha nova senda peonil na estrada AC-433, entre Laxe e os núcleos de Serantes e Castrelo

O obxectivo é redactar o proxecto desta intervención para acadar un itinerario continuo, ao unir a nova senda cos treitos xa executados na AC-433, en Soesto e Serantes

11/01/2024 | 14:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 8 ofertas para executar a mellora do firme na estrada PO-254 ao seu paso polos concellos de Ponteareas, Mondariz e Mondariz Balneario

As obras, licitadas por máis de 1,4 M€ e cun prazo de execución de 4 meses, consistirán na rehabilitación e na reposición do pavimento, ademais do repintado das marcas viarias

10/01/2024 | 19:27 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
09/01/2024 | 14:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o concello de Salvaterra de Miño colaboran achegando 2 M€ para mellorar o saneamento e construír unha nova depuradora no río Mendo

As intervencións previstas permitirán completar o saneamento integral das parroquias de Leirado, Fiolledo, Soutolobre, Corzáns, Oleiros e Meder, na bacía do río Mendo

09/01/2024 | 14:31 | C. do Medio Rural

A Base de Unidade Operativa de Castro Caldelas remata as súas obras de reforma, cun investimento total de máis de 71.000 euros

As melloras consistiron esencialmente no acondicionamento das diversas estancias que compoñen o edificio como vestiarios, duchas, zonas de descanso, almacén e garaxes

09/01/2024 | 11:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca para febreiro e marzo os propietarios dos terreos necesarios para completar a mellora integral da PO-235 no concello da Lama

Os actos para o levantamento de actas previas terán lugar os días 6, 7, 8, 13, 14 e 15 de febreiro e a formalización das actas de ocupación os días 19, 20 e 21 de marzo na Casa do Concello
 

08/01/2024 | 12:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica hoxe no DOG a transferencia a prol do concello de Covelo dun treito da estrada PO-261 integrado no tecido urbano do municipio

Transfírese á entidade local o dominio público, agás calzada e beiravías, do treito de 580 metros desta estrada situado entre os quilómetros 11+870 e 12+450, con múltiples accesos a rueiros municipais e con marxes acoutadas polas edificacións