Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 520 novas da área temática Igualdade:

15/07/2023 | 11:07 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta estuda proxectos de colaboración coa Fundación ONCE para facer un Camiño de Santiago máis accesible

Xosé Merelles e Ildefonso de la Campa reunironse co director de Accesibilidade Universal e Innovación da Fundación ONCE, Jesús Hernández-Galán

14/07/2023 | 18:24 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta aposta polo benestar laboral que impulsará a futura Lei de igualdade para loitar contra a discriminación da muller no traballo

A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, participou en Lalín na clausura do XVIII Curso de Verán Novas Fronteiras na Igualdade de Oportunidades 2.0: Violencias – Machosfera – Consentimento – Coeducación

14/07/2023 | 13:50 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta outorgou en 2022 cerca de 900 axudas económicas a vítimas da violencia de xénero para favorecer a súa independencia económica

A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, presentou ante a Comisión 5ª do Parlamento de Galicia, o Informe anual de violencia de xénero 2022, onde fixo fincapé nas achegas que a Xunta concede ás vítimas para que avancen na súa recuperación

12/07/2023 | 12:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Martina Aneiros anima a solicitar as axudas da Xunta para a consolidación das asociación de mulleres e o fomento de actividades no eido da igualdade

Trátase dunha orde de subvencións da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade que se poden solicitar ata o próximo 4 de agosto

11/07/2023 | 15:38 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta concede as Medallas Pardo Bazán á delegada de Igualdade do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a Secretariado Gitano e a Executivas de Galicia

O xurado vén de fallar estes galardóns cos que se recoñece a contribución de persoas e entidades para construír unha sociedade máis igualitaria, xusta e solidaria

09/07/2023 | 10:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta potencia a formación especializada para que profesionais que traballan en contacto coas vítimas de violencia de xénero brinden a mellor atención

O programa promove actividades formativas nas que se incidirá na prevención e se actualizarán os coñecementos en relación coa nova regulación de igualdade en tramitación parlamentaria

07/07/2023 | 11:26 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta convoca as axudas Emega para o fomento do emprego feminino cun 10% máis de orzamento nesta edición, ata chegar aos 4,8 millóns de euros

A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, destacou que o DOG publica hoxe a orde da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade coa que se prevé conceder unhas 370 axudas

05/07/2023 | 18:46 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta avoga polo traballo conxunto coas entidades para impulsar a autonomía das persoas con discapacidade

A directora xeral Begoña Abeijón mantivo esta tarde reunións coa Federación Galega de Dano Cerebral (Fegadace) e Down Galicia

05/07/2023 | 15:43 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca a acollida do Programa Piloto para o fomento da empregabilidade de persoas vulnerables desenvolvido en coordinación con EAPN Galicia

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social par-ticipou no seminario Claves para a inclusión sociolaboral e o emprego digno das per-soas vulnerables, organizado pola Rede Europea contra a Pobreza e a Exclusión So-cial