Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 476 novas da área temática Forestal:

13/05/2023 | 17:03 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín

Segundo as últimas medicións, o lume afectou a 1,1 hectáreas, das cales 0,5 foron de monte raso e 0,6 de arborado dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés

13/05/2023 | 14:50 | C. do Medio Rural

Controlado o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín

Segundo as últimas estimacións, o lume afecta ao redor dunha hectárea de superficie dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés

11/05/2023 | 16:20 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor a bioeconomía circular e o coidado dos bosques con sesións de contacontos infantís no CIF de Lourizán

A iniciativa nace dun convenio entre o Centro de Investigación Forestal de Lourizán e a Federación Empresarial de Aserraderos y Rematantes de Madera de Galicia, que se enmarca no proxecto Árbores que dan vida

11/05/2023 | 15:21 | C. do Medio Rural

A Xunta realiza diversas actuacións preventivas nos montes do distrito IV - Barbanza

As accións nestes montes do distrito forestal IV - Barbanza consistiron na roza de faixas auxiliares e da plataforma de pistas forestais na localidade de Padrón

05/05/2023 | 10:59 | C. do Medio Rural

O DOG publica hoxe a convocatoria dunha nova poxa pública electrónica de madeira que se celebrará proximamente en Lugo

En total serán 89 lotes de madeira por 4,5 millóns de euros os que sairán a poxa o vindeiro 21 de xuño
 

02/05/2023 | 10:20 | C. do Medio Rural

A Xunta incorpora desde mañá preto de 1.000 traballadores de seis meses ao operativo de prevención e extinción de incendios forestais

Esta incorporación faise efectiva todos os anos antes da chegada do verán, de acordo coas necesidades de programación e planificación

01/05/2023 | 11:26 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor no País Vasco o sector forestal galego no marco do proxecto Eguralt

Trátase de impulsar a aplicación e difusión da innovación para a promoción da construción en altura con madeira no espazo Sudoe, que abarca seis rexións en España, Portugal e Francia

28/04/2023 | 20:01 | C. do Medio Rural

A Xunta informa en Cerdido das oportunidades dos novos mercados de carbono

O director da Axencia Galega da Industria Forestal, Jacobo Aboal, participou hoxe nun relatorio organizado pola Asociación de Produtores de Madeira de Cerdido (Promacer)

25/04/2023 | 12:31 | C. do Medio Rural

A Xunta crea un equipo multidisciplinar especializado en grandes incendios forestais no marco do Pladiga 2023

José González destacou a creación desta unidade, que estará reforzada con tres novas brigadas públicas helitransportadas que estarán operativas todo o ano e por medios materiais como case unha vintena de motobombas e máis dunha ducia de batracios novos
 

25/04/2023 | 10:35 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta inicia en Pontevedra unha programación de cursos de formación en prevención de riscos laborais no sector forestal

O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán acollerá a partir de mañá unha acción formativa de carácter práctico centrada na gamificación, unha actuación que chegará a Mondoñedo a principios de maio