Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 858 novas da área temática Economía:

31/10/2023 | 13:07 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsará a competitividade dos parques empresariais de 4 concellos da área de Santiago cun investimento de máis de 236.000€

Estas axudas van dirixidas a mellorar as infraestruturas dos parques empresariais de Galicia

30/10/2023 | 10:41 | C. de Economía e Industria

A Xunta recoñece os profesionais de transferencia de coñecemento con certificación internacional

O acto tivo lugar no marco do Encontro de asociados de RedTransfer que se celebrou no Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo

28/10/2023 | 14:11 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Mar

A Xunta e a cadea mar-industria advirten do grave impacto na actividade pola inseguridade xurídica que xera o recurso contra a Lei do litoral galega

 Ángeles Vázquez censura a falta de transparencia do Goberno central, que nin sequera lle comunicou ao Consello de Estado a súa decisión de presentar o recurso ante o Constitucional e continúa negándolle á Xunta o dereito a defender a súa lei
 

28/10/2023 | 13:30 | C. de Economía e Industria

Lorenzana pon en valor o esforzo do tecido empresarial por comercializar produtos e servizos no mercado internacional

Apunta que un dos obxectivos da Xunta de Galicia é impulsar a internacionalización da economía galega e que pemes, autónomos e establecementos comerciais teñan acceso a novas canles e destinos de comercialización

28/10/2023 | 10:06 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta adxudicou xa o 80 % dos fondos do mecanismo de recuperación e resiliencia orzamentados para 2023

O Goberno galego está realizando unha xestión dilixente dos seus fondos pese á falta de cogobernanza do Executivo central

27/10/2023 | 12:20 | C. de Economía e Industria

Casa Solla recibe o selo de garantía Galicia Calidade que certifica a súa aposta pola cociña de calidade e proximidade

Con esta nova incorporación, son xa máis de 37 os establecementos de hostalería que contan con este certificado de garantía no conxunto das máis de 150 empresas adheridas

26/10/2023 | 16:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor clausura o III encontro GaliForum organizado pola asociación Cambre Empresarial e a Federación de Autónomos de Galicia

O delegado da Xunta puxo en valor medidas que porá en marcha o Goberno galego para apoiar a este colectivo como a cota cero para os autónomos durante o seu primeiro ano de actividade

26/10/2023 | 15:48 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Economía e Industria
26/10/2023 | 15:31 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca na Coruña as posibilidades que ofrece a intelixencia artificial para mellorar a competitividade empresarial a través da innovación e as novas tecnoloxías

A directora do Igape, Covadonga Toca, participa na xornada ‘Benvido, futuro: proxectando Galicia’, onde avoga pola colaboración público-privada para avaliar e avanzar nas posibilidades que ofrece a intelixencia artificial para optimizar procesos e mellorar procedementos