Actualidade
Buscador de novas
O presidente da Xunta resalta que o Goberno galego destina 20 M€ a dúas novas liñas de axudas para apoiar a 7.000 persoas traballadoras autónomas
Adianta que mañá abre o prazo de solicitude dunha nova edición do Bono Autónomo e do programa Xempre Autónomo
O Bono Activa Comercio da Xunta permitiu mobilizar preto de 930.000 euros nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal
Máis da metade do capital mobilizado na área, concretamente 525.000 euros, correspóndense coa cidade de Ferrol, na que 126 negocios se sumaron a esta iniciativa e o importe de bonos trocados ascendeu a máis de 96.000 euros
A Xunta valora que o Alcampo de Vialia Vigo se converta no primeiro hipermercado autorizado para elaborar e vender a IXP Pan galego
Preto dunha vintena de panadarías están rexistradas nesta indicación xeográfica protexida, das cales tres están localizadas na cidade de Vigo
O certame escolar da Xunta ‘Idea o teu comercio!’ visibiliza entre as novas xeracións a importancia do comercio de proximidade e os seus retos
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, e o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, participaron na entrega de premios desta iniciativa
Conde ratifica o compromiso da Xunta co sector do comercio en Galicia
Conde tamén visitou dous establecementos comerciais, Ginzo Hombre-Mujer e ¡Hola! Ola, onde destacou as cifras do Bono Activa Comercio no concello de Ribadeo, con 105 establecemento adheridos e un investimento mobilizado de máis de 192.000 euros
A Xunta destaca Regal cerámica como exemplo do papel vertebrador da Artesanía de Galicia
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou hoxe en Viveiro as instalacións de RegalXunqueira, onde subliñou a importancia do sector artesán na dinamización cultural e económica