Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 14.980 novas da área temática Áreas temáticas:

11/07/2024 | 17:11 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Sogama atribúe a revisión do canon para 2024 a decisións estatais unilaterais e salienta que seguirá sendo o máis barato de Galicia

Lamenta que o Goberno central non tivera en conta as particularidades territoriais nin que a taxa de residuos en vertedoiro en Galicia sexa moi inferior á media nacional

11/07/2024 | 17:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta xa ten en marcha o 30% das novas vivendas protexidas comprometidas para esta lexislatura

Na presentación da estratexia Vivenda: retos de futuro celebrada hoxe na Cidade da Cultura ante un cento de profesionais do sector, a conselleira María Martínez Allegue avanzou que xa está cumprido o reto de sumar 375 novas vivendas protexidas nos primeiros 100 días de lexislatura

11/07/2024 | 17:08 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta defende que a acollida de 26 menores non acompañados demostra que Galicia é unha comunidade solidaria e responsable

Nunha intervención parlamentaria, Jacobo Rey insistiu en que o Goberno galego seguirá reclamando recursos ao Executivo central para atender axeitadamente a estes menores

11/07/2024 | 17:03 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca que Galicia conta cun dos servizos de tratamento psicolóxico a vítimas de violencia de xénero máis completos de España

A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, destaca que en Galicia as vítimas de violencia sexual si teñen atención xurídica gratuíta

11/07/2024 | 15:47 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta ofrece 1.965 prazas nos campamentos da provincia de Pontevedra

A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, visita o complexo Cemar en Mondariz-Balneario con 60 rapaces por quenda

11/07/2024 | 14:44 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. do Medio Rural; C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Rueda aposta por deseñar medidas específicas para o rural en materia de emprego e servizos sociais para garantir a igualdade de oportunidades

Pon en valor iniciativas como as casas niño ou as casas do maior, que permiten ofrecer estes servizos onde non funcionan os modelos tradicionais

11/07/2024 | 13:57 | C. de Sanidade
11/07/2024 | 13:47 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta

Manuel Pardo subliña a estreita vinculación do deporte e o turismo na provincia de Ourense

O delegado territorial recalcou a intención de consolidar a nosa provincia como un destino ambiental, social e economicamente sostible procurando a responsabilidade de todos os axentes no desenvolvemento equilibrado e a longo prazo

11/07/2024 | 13:25 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avaliará a eficiencia de case 70 depuradoras de augas residuais para avanzar no obxectivo de que o 100% do seu consumo proveña de fontes renovables

Augas de Galicia acaba de adxudicar por 1,2 M€ o contrato para realizar auditorías sobre as necesidades actuais destas instalacións e a posibilidade de aplicar enerxías limpas que contribúan a reducir os custos económicos e a optimizar a súa xestión

11/07/2024 | 13:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Un total de 40 empresas de toda España presentan propostas innovadoras para despregar o proxecto EdugalIA sobre intelixencia artificial no ensino

A Consellería de Educación expón os resultados da consulta preliminar do mercado co fin de buscar tecnoloxías para a posta en marcha do programa, para o que non hai ferramentas preexistentes que fagan fronte aos seus desafíos