Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 376 novas da área temática Xuventude:

18/03/2023 | 12:00 | C. de Política Social e Igualdade

Universitarios dos campus de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo compiten na fase clasificatoria do programa Parlamento Xove

Un total de dez equipos debateron sobre a seguinte cuestión: ‘Está preparado o Estado de benestar para afrontar os desafíos do envellecemento da poboación?’

17/03/2023 | 12:44 | C. de Política Social e Igualdade

O Día da Xuventude leva mañá a Caldas de Reis numerosas actividades lúdicas e formativas

A programación desenvolverase desde as catro da tarde ata as nove da noite no patio do CPR Plurilingüe San Fermín

14/03/2023 | 13:19 | C. do Mar

Preto de 20.000 nenas e nenos coñeceron nos últimos dous anos os beneficios de incluír os produtos do mar na dieta coa campaña ‘Fai clic ao teu bocata’

A titular de Mar salienta a importancia de promover entre o público infantil o consumo de peixes e mariscos para favorecer unha alimentación saudable e impulsar ao mesmo tempo a demanda deste tipo de elaboracións

11/03/2023 | 15:36 | C. de Política Social e Igualdade

Unha vintena de equipos de Bacharelato debaten na fase clasificatoria do programa Parlamento Xove

As intervencións dos equipos xirarán sobre esta cuestión: ‘Está preparado o Estado de Benestar para afrontar os desafíos do envellecemento da poboación?’

11/03/2023 | 13:21 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta concede 62.000 € ao Concello de Tordoia para a ampliación do seu Punto de Atención á Infancia

Permitirá crear 10 novas prazas nestas instalacións e chegar así a un total de 30

11/03/2023 | 10:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O programa da Xunta ‘Apuntámonos a non beber’ conta este curso coa participación de 138 alumnos de ESO de catro concellos lucenses

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que centros educativos do Saviñao, Sarria, Baralla e A Pastoriza desenvolven este ano o proxecto, que busca previr o consumo de alcohol entre menores de idade

10/03/2023 | 13:17 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta dota ao Espazo Xove de Ourense dunha sala de xogos e convivencia

Os traballos supuxeron a reforma parcial do segundo andar do inmoble

10/03/2023 | 11:42 | C. de Política Social e Igualdade

O Día da Xuventude chega este venres ao Barco de Valdeorras con numerosas actividades gratuítas de ocio educativo

Desde as catro da tarde e ata as nove da noite, a xente nova poderá desfrutar de obradoiros sobre cociña saudable, graffiti, protección do medio ambiente, igualdade de xénero ou empregabilidade

05/03/2023 | 10:42 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta continúa coas melloras no complexo xuvenil As Mariñas de cara á próxima campaña de verán

Nos últimos dous anos lévanse investidos máis de 300.000 euros no acondicionamento de dormitorios, comedores e vestiarios, así como na impermeabilización de pavillóns e arranxo de cubertas, entre outras actuacións