Actualidade
Buscador de novas
A Xunta e a Cámara Oficial Mineira de Galicia colaboran na promoción e difusión dos recursos naturais estratéxicos de Galicia
O vindeiro mércores 13 de decembro preséntase no CIS Tecnoloxía e Deseño en Ferrol o Catálogo de Recursos Naturais de Galicia, unha colaboración entre a Materioteca de Galicia e a Cámara Oficial Mineira de Galicia, en colaboración coa Dirección xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Xunta
A Xunta actualizará a plataforma de información ambiental para facilitar o cumprimento da normativa de xestión de residuos por parte dos talleres mecánicos
Ángeles Vázquez fai fincapé en que este procedemento permitirá reducir as cargas administrativas destes establecementos, sempre e cando leven o arquivo cronolóxico correspondente a través de Gaia
A Xunta avoga por desfrutar dun Nadal sostible cun consumo responsable e coa reciclaxe dos residuos
Ángeles Vázquez pon en valor que sinxelos, pero fundamentais xestos, como o de separar correctamente os residuos por tipoloxía e depositalos no contedor correspondente, son claves para avanzar cara a un futuro máis sustentable
A Xunta e Compostela Monumental estreitan a súa colaboración para avanzar na concienciación sobre o uso dos plásticos e o consumo responsable
O Executivo galego e a asociación de comerciantes santiaguesa cooperarán en distintas iniciativas para avanzar na sensibilización da cidadanía e promocionar unha imaxe de centro histórico sostible que aposta por prácticas respectuosas co medio ambiente
A Alianza Europea Vanguard Initiative, da que Galicia forma parte, lanza un instrumento de financiamento para apoiar proxectos de innovación entre rexións
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, asistiu hoxe en Bruxelas á conferencia de décimo aniversario desta rede na que a Xunta busca incrementar a captación de fondos europeos
A Xunta garante o seu apoio ao sector das razas autóctonas en 2024 para afrontar os danos do lobo
Do Campo avanza que o Goberno galego publicará nas vindeiras semanas unha nova convocatoria tanto da liña de axudas para prevención de danos como da correspondente a paliar as consecuencias dos ataques desta especie
Galicia rexistrou o outono máis cálido e máis húmido da serie histórica
O avance do informe climatolóxico do outono elaborado por MeteoGalicia sinala que a anomalía media das temperaturas foi de 1,9 graos
Martina Aneiros pon en valor en Cerdido a riqueza xeolóxica do Ortegal durante a presentación do proxecto educativo do Xeoparque Cabo Ortegal
A iniciativa desenvólvese actualmente en seis centros educativos da comarca coa participación duns 200 alumnos e nos próximos meses estenderase ao resto de centros da contorna
A Xunta oferta máis de 900 prazas no concurso de traslados para persoal de prevención de incendios e axentes forestais e ambientais
O DOG publica hoxe os concursos ordinarios para provisión de postos de traballo vacantes nestes ámbitos