Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 561 novas da área temática Deporte:

13/09/2023 | 14:15 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta participa no nomeamento dos novos membros da Confraría Europea da Vela (CEV) para promover o coidado e a posta en valor dos recursos mariños

O director de Turismo de Galicia e o delegado territorial da Xunta en Lugo participaron no acto solemne que tivo lugar hoxe en Monforte de Lemos.

13/09/2023 | 12:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O programa Xogade da Xunta medra con 17 modalidades deportivas e a participación de 39 federacións

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a nova convocatoria dirixida a fomentar a práctica do deporte entre a poboación máis nova

11/09/2023 | 15:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a XXI Volta Ciclista a Galicia, que comeza o xoves cunha contrarreloxo na Pobra do Brollón

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, subliña que esta cita suporá “unha nova oportunidade para desfrutar a través do deporte da natureza a da oferta turística da provincia de Lugo”

11/09/2023 | 14:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor destaca que 7 concellos de Bergantiños-Costa da Morte recibirán máis de 337.000€ para a mellora de instalacións e material deportivo

O delegado da Xunta e o alcalde da Laracha visitaron a piscina municipal na que a Xunta investirá máis de 50.000 euros entre o 2023 e 2024 para a reparación de varios elementos neste edificio

09/09/2023 | 13:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez anima aos 136 nadadores que compiten este ano na Tripla Coroa Illas Atlánticas a converterse en embaixadores do Parque Nacional no resto do mundo

Pon en valor a dureza da travesía que se disputa hoxe entre Ribeira e Sálvora, unha illa que, segundo dixo, cada ano atrae a un maior número de visitas, como demostran as preto de 7.000 persoas que pasaron por ela entre os meses de xullo e agosto

06/09/2023 | 15:04 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta apoia a XXI Volta Ciclista a Galicia na que máis dun cento de ciclistas percorrerán as provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra en catro etapas

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe na presentación desta proba xa consolidada no calendario nacional nas categorías elite e sub-23

04/09/2023 | 13:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta analizará todas as alegacións presentadas á 'Factoría do Deporte Galego-Galicia Sports 360' como proxecto de interese autonómico

O prazo finaliza este luns e a tramitación continúa coa presentación de informes sectoriais para a súa aprobación definitiva

03/09/2023 | 18:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta promove un espazo de conciliación para as familias no campionato de surf ‘Abanca Pantín Classic’

O vicepresidente primeiro visitou a rapazada que participa nas actividades organizadas polo Club Praia de Pantín co apoio do Goberno galego

01/09/2023 | 17:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes