Actualidade
Buscador de novas
A Xunta impulsa a transformación dixital e sustentable dos comercios ourensáns
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou hoxe na cidade de Ourense os establecementos Turini Sport e Calzados Tilve, que participaron no programa de axudas para a modernización e a dixitalización co que o ano pasado se mobilizaron investimentos por máis de 630.000 € en 64 negocios da provincia
As axudas da Xunta para o Plan Galicia Renova electrodomésticos mobilizaron preto de 600.000 € en Ferrol, Eume e Ortegal na última edición
A delegada territorial, Martina Aneiros, visitou esta mañá un dos establecementos adheridos a esta campaña que en 2022 concedeu 1.070 axudas nos municipios da comarca por valor de 153.000 euros
A Xunta abre mañá o prazo para que particulares soliciten axudas para a renovación dos electrodomésticos nos fogares
Gabriel Alén explicou que estas subvencións se darán ata que se esgote o crédito con data límite ata o 30 de setembro
A Xunta impulsa a transformación dixital e sustentable dos comercios coruñeses
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou hoxe na cidade da Coruña os establecementos Nima e Amusko Perfumería, que participaron no programa de axudas para a modernización e a dixitalización co que o ano pasado se mobilizaron investimentos por máis de 2 M€ en 229 negocios da provincia
A Xunta reafirma o seu compromiso co comercio galego con 24 M€ este ano para impulsar a súa transformación dixital e sustentable
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, compareceu no Parlamento para informar das principais medidas de apoio, entre as que se inclúen a creación dun hub de innovación para desenvolver novos modelos de negocio
Artesanía de Galicia participa en Murcia na reunión do Observatorio Nacional da Artesanía
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiu a unha nova reunión deste foro impulsado por Fundesarte, do que forman parte as administracións públicas de toda España e no que as principais liñas de debate foron a comercialización e a internacionalización da artesanía
A Xunta destaca en Vigo o labor de inclusión social que fai Apamp a través da artesanía
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou a Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral, onde se presentou a marca A Casa Rodante, coa que se comercializan as pezas elaboradas polos usuarios desta entidade
A Xunta impulsa a comercialización da Artesanía de Galicia con apoios para a participación en encontros nacionais e internacionais e a organización de feiras
A Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación vén de conceder axudas por preto de 164.000€ para un total de 59 obradoiros para a asistencia a feiras profesionais dentro e fóra de España, así como para feiras de venda directa
A Xunta convoca 30 M€ en axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta orde da Consellería do Medio Rural, a cal busca incentivar os investimentos en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización das instalacións situadas en Galicia e destinadas a tal fin