Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 884 novas da área temática Agricultura e gandería:

03/01/2024 | 11:17 | C. do Medio Rural

O DOG publica hoxe a convocatoria das axudas para os produtores da indicación xeográfica protexida Ternera Gallega, dotada con 12 m€

Dende mañá, os interesados disporán de prazo ata o vindeiro 5 de febreiro para presentar as súas solicitudes

02/01/2024 | 19:35 | C. do Medio Rural

A Xunta detecta dous novos casos de gripe aviaria en aves silvestres en Xove e Bueu

Corresponden a un exemplar de gaivota patiamarela (Larus michahellis) recollida no concello de Xove, na provincia de Lugo, e un de mascato (Morus bassanus), recollido no municipio de Bueu, en Pontevedra

01/01/2024 | 10:13 | C. do Medio Rural

A Xunta remata os traballos de acondicionamento implementados para a actividade agrogandeira na aldea modelo de Bustelo de Fisteus

A aldea modelo, situada no concello lucense de Quiroga, abrangue unha superficie de 14,15 hectáreas e nela prevese instaurar unha explotación de porco en extensivo

30/12/2023 | 13:22 | C. do Medio Rural

A aldea modelo e o polígono agroforestal de Cualedro melloran o seu sistema de alumeado público

Estas actuacións enmárcanse nunha liña de axudas convocada en 2022 polo Goberno autonómico para realizar proxectos deste tipo de traballos

30/12/2023 | 12:19 | C. do Medio Rural

A Xunta remata a execución de tres pasteiros no concello lucense de Triacastela, cun orzamento total de máis de 240.000 euros

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, supervisou o fin das obras realizadas nas parroquias da Balsa, San Breixo e de Cancelo para, a través do pastoreo, contribuír á prevención de incendios

29/12/2023 | 14:43 | C. do Medio Rural

A Xunta iniciará unha nova campaña de vacinación gratuíta fronte a lingua azul o vindeiro 2 de xaneiro para o gando bovino e ovino de toda Galicia

Nas vindeiras datas comezará a vacinación nas zonas restrinxidas en novembro -toda a provincia de A Coruña e 11 comarcas de Lugo

Un mes despois arrancará a nova campaña nas comarcas delimitadas no pasado febreiro, e que polo tanto xa foran inmunizados ao longo deste 2023

28/12/2023 | 15:25 | A Presidencia da Xunta; C. do Medio Rural

A Xunta investirá un total de 47 M€ o ano que vén para a mellora de explotacións e a incorporación de profesionais á actividade agrogandeira

Destaca que se manteñen as achegas para os mozos que se poñan ao fronte dunha explotación e que, por primeira vez, lánzase unha axuda específica para persoas de entre 41 e 55 anos