Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 358 novas da área temática Administración pública:

10/02/2023 | 17:04 | C. de Facenda e Administración Pública

Miguel Corgos destaca a planificación estratéxica como un elemento esencial para abordar os retos de futuro sen improvisacións

O conselleiro de Facenda e Administración pública impartiu a conferencia “A Xunta de Galicia: planificación e Orzamentos”, na Universidade da Coruña

09/02/2023 | 14:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta presenta os obxectivos e resultados da Axenda Galega de Capacidades ás rexións e municipios de Europa

O pleno do Comité das Rexións tamén debateu a protección dos espazos naturais da UE e do gando fronte ataques dos grandes carnívoros

09/02/2023 | 14:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta informa ao concello de Mugardos da convocatoria das axudas de 400.000 € para as festas de interese turístico de Galicia

As axudas teñen como obxectivo potenciar as festas galegas que polas súas características e singularidades teñen un recoñecemento e prestixio a nivel autonómico

09/02/2023 | 13:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta sinala a importancia da coordinación entre administracións e da colaboración cidadá na loita contra a vespa velutina

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, compareceu hoxe no Parlamento para dar conta do balance do ano 2022 sobre o programa galego de vixilancia e control fronte á vespa velutina

08/02/2023 | 20:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Diego Calvo incide na necesidade da implicación das entidades locais na cooperación internacional e en traballar a prol de acadar os obxectivos de desenvolvemento sostible

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes sinalou hoxe durante a clausura do ‘II Encontro Estatal de Gobernos Locais e Cooperación Internacional ao Desenvolvemento’ o apoio da Xunta ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para avanzar na implantación da Axenda 2030 das Nacións Unidas

07/02/2023 | 14:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta informa á agrupación de AAVV da zona rural e á Federación Roi Xordo das axudas abertas de 3 M€ destinadas a garantir a súa actividade

A delegada territorial, Martina Aneiros, reuniuse esta mañá cos presidentes de ambas entidades, Manuel Sendón e Andrés Medín, aos que informou do Plan específico de acción comunitaria destinado a AAVV, asociacións de mulleres rurais e comunidades de usuarios de augas

03/02/2023 | 12:03 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta publica as datas de exame para 35 oposicións e máis de 900 prazas de emprego público

Son todos os procesos que estaban pendentes de comezar a fase de exame

02/02/2023 | 18:18 | C. de Facenda e Administración Pública

Aprobado o próximo número da revista Administración&Cidadanía

O consello de redacción da revista reuniuse esta tarde para aprobar os contidos do volume 17, número 2

02/02/2023 | 15:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a mellora das instalacións deportivas de Trazo cunha achega de 40.000 € para unha pista de pádel cuberta

A directora xeral de Administración Local visitou hoxe o espazo creado ao abeiro da Orde de infraestruturas municipais

02/02/2023 | 14:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta acomete actuacións ambientais na Cañiza e As Neves cunha nova máquina varredora e o saneamento na parroquia de Tortoreos

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, supervisou esta mañá ambas actuacións, que supuxeron un investimento global de 112.000 €, xunto aos alcaldes de Cañiza, Luis Gómez Piña, e As Neves, Xosé Manuel Rodríguez