Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 599 novas da área temática Pesca:

22/11/2023 | 18:20 | C. do Mar

Alfonso Villares sinala que se tomarán as medidas necesarias para recuperar os bancos marisqueiros co consenso do sector e contando co aval da ciencia

A Xunta explora tódalas vías que maximicen o apoio ao marisqueo e entre elas estaría a de pedir ao Goberno central a declaración das áreas con maior impacto como zonas afectadas gravemente por emerxencia

21/11/2023 | 19:33 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Mar

Galicia defenderá ante o Tribunal Constitucional que ten competencias plenas para ordenar o seu litoral

A Xunta velará polos intereses das empresas e cidadáns con instalacións na liña de costa fronte a un Goberno central que obviou cuestións do informe do Consello de Estado que chocaban co seu obxectivo de eliminar todo vestixio humano do litoral

21/11/2023 | 16:00 | C. do Mar

A Xunta critica co BNG e o PSOE non apoien a demanda da cadea mar-industria para a reducción do IVE aos produtos pesqueiros

O conselleiro lamenta co novo goberno do Estado persista na súa negativa a reducir este imposto aos produtos do mar o que resulta discriminatorio respecto a outros alimentos como a pasta ou o aceite

20/11/2023 | 17:06 | C. do Mar

A Xunta e a Universidade de Vigo ratifican unha alianza en base ao coñecemento científico que contribúe a mellorar a xestión da mexilla no litoral galego

O novo convenio de colaboración entre ambas entidades permitirá seguir a executar o estudo de identificación e marcaxe selectiva de larvas de mexillón

19/11/2023 | 12:04 | C. do Mar

O CIMA presenta avances na resistencia dos berberechos fronte a enfermidade da marteiliose

O Centro de Investigacións Mariñas concluíu este ano o proxecto Resmart, posto en marcha hai dous anos e que contou con financiación da Consellería do Mar

17/11/2023 | 14:24 | C. do Mar

Villares visita unha rede de integración profesional marítima e a unha empresa referente na produción de ostras en Saint Malo

O titular de Mar visitou o obradoiro da rede de integración profesional da asociación Pass´Emploi dentro dos proxectos de La Panier de la Mer no que se procesa peixe non comercializado con destino a organizacións de axuda alimentaria
 

16/11/2023 | 17:34 | C. do Mar

Galicia comeza a traballar co fin de crear unha gran fronte común das rexións europeas e do Reino Unido onde o sector marítimo-pesqueiro é estratéxico

O titular de Mar estreita a alianza con Daniel Cueff, o seu homólogo na Bretaña francesa, co que desde o mércores comparte a presidencia do grupo de traballo especializado dos 24 Estados e 150 rexións integradas na CRPM

16/11/2023 | 13:27 | C. do Mar

O CIMA entrega 5.000 exemplares xuvenís de ourizos de mar para incorporar aos bancos naturais de Lira

Inclúese dentro das actividades programadas no proxecto Xumarou, que busca mellorar os protocolos de cultivo desta especie nos criadeiros do centro en Ribadeo

15/11/2023 | 20:35 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destaca a contribución da investigación e a innovación para lograr unha xestión sustentable dos recursos marítimos

Ángeles Vázquez salienta a labor da premiada, Elena Ojea, que aborda nos seus estudos a relación entre a sociedade e os océanos e os riscos do cambio climático

15/11/2023 | 16:08 | C. do Mar

Galicia e a Bretaña Francesa defenderán os intereses das rexións europeas do litoral como copresidentas do grupo de traballo marítimo e de pesca da CRPM

O titular de Mar participou no encontro que abre a 51º Asemblea xeral da CRPM e no que se celebra o primeiro medio século desta organización, que agrupa a 150 rexións de 24 Estados da UE suman máis de 200 millóns de habitantes