Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 783 novas da área temática Medio ambiente:

15/12/2023 | 20:02 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta inviste máis de 115.000 euros en dous vehículos eléctricos para realizar labores de conservación nas Illas Cíes e en Ons

Os medios adquiridos están especialmente preparados para transitar por zonas agrestes do medio natural, como pistas irregulares ou sen asfaltar

15/12/2023 | 12:46 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta concede 6,3 M€ en préstamos sen xuros a 15 concellos para financiar actuacións de rehabilitación e conservación de inmobles municipais

Ángeles Vázquez pon en valor que, nas 7 convocatorias desta iniciativa, o Goberno galego leva concedidos 24 M€ para impulsar 102 actuacións

14/12/2023 | 17:39 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destinou este ano máis de 6 M€ en actuacións directas nas Illas Atlánticas e axudas para impulsar proxectos nos concellos da súa área de influencia

Belén do Campo salienta os 1,48 M€ adxudicados en subvencións para executar máis de 70 actuacións nos concellos de Ribeira, Vigo, Vilagarcía de Arousa e Bueu a cargo de particulares, empresas, entidades sen ánimo de lucro e administracións públicas

13/12/2023 | 16:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aborda coa Comisión Europea a aplicación rexional dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

A directora da oficina de Bruxelas da Fundación Galicia Europa, Ana Ramos, inaugurou o último encontro de 2023 do ciclo ‘FGE | NextGeneratiOn Galicia’

13/12/2023 | 15:50 | C. de Economía e Industria

A Xunta e a Cámara Oficial Mineira de Galicia difunden o potencial mineiro a través do catálogo de recursos naturais da comunidade

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou esta mañá en Ferrol na súa presentación

13/12/2023 | 14:18 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

O Observatorio da Vivenda alerta de que a inconcreción da nova Lei estatal permitiría declarar como tensionado entre un 20 e un 30% dos concellos galegos

Un informe encargado pola Xunta constata que en función do indicador que se tome como referencia, o índice de accesibilidade de vivenda estatal ou os datos das fianzas que manexa o IGVS, o impacto da medida na Comunidade sería dispar

13/12/2023 | 11:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía autonómica identifica tres persoas por caza furtiva en Lalín

Comisáronse dúas lebres no marco dun operativo desenvolvido no Monte de Zobra e tramitáronse as respectivas denuncias por presuntas infraccións da Lei de Caza de Galicia

12/12/2023 | 15:07 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e Repsol poñen en marcha un proxecto pioneiro en Galicia para recuperar aceite de cociña usado e transformalo en biocombustible

Ángeles Vázquez explica que se habilitan puntos de recollida en máis de 180 estacións de servizo das catro provincias

11/12/2023 | 15:07 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destaca a implicación dos sectores público e privado na loita contra o cambio climático como clave de que Galicia sexa referente neste eido

Ángeles Vázquez pon en valor as estratexias postas en marcha polo Executivo galego relacionadas co cambio climático e a enerxía, a economía circular, a lei de residuos e solo contaminados, o pacto das alcaldías ou a alianza galega polo clima
 

11/12/2023 | 12:04 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta concede 2 axudas por máis de 200.000 € ao concello de Oza-Cesuras para mellorar o punto limpo municipal e reforzar o servizo cun camión itinerante

Os traballos previstos permitirán cubrir o espazo no que se depositan os residuos e instalar un novo contedor para téxtiles, reforzando así a súa capacidade de recollida