Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.053 novas da área temática Emprego:

30/01/2024 | 12:20 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O DOG convoca axudas por máis de 1,6 M€ para impulsar formación en prevención de riscos laborais

Asociacións empresariais, organizacións sindicais, fundacións sectoriais e colectivos de autónomos poden solicitar desde hoxe e ata o 1 de marzo os apoios para organizar cursos de divulgación da actividade preventiva

30/01/2024 | 11:51 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta informa das axudas a disposición das persoas autónomas e das pequenas e medianas empresas para seguir xerando riqueza en Galicia

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, e a directora do Igape, Covadonga Toca, participaron nunha xornada organizada pola Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) Galicia

30/01/2024 | 11:01 | C. de Sanidade

Iníciase a toma de posesión dos médicos de familia de atención primaria seleccionados no proceso selectivo de estabilización por concurso de méritos

Resultan seleccionados, con praza fixa sen exame, 42 profesionais médicos de familia de atención primaria, que xunto cos 64 facultativos especialistas de atención primaria que iniciaron onte a toma de posesión, permite incorporar a 106 médicos fixos en atención primaria

30/01/2024 | 10:03 | C. de Facenda e Administración Pública

O DOG publica a convocatoria de preto de 60 prazas de promoción interna

Estas prazas están destinadas a empregados e empregadas públicas que teñen un posto fixo na Administración

29/01/2024 | 15:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A directora xeral de FP destaca o CIFP Ferrolterra como un referente nas ensinanzas da modalidade dual

Eugenia Pérez participa na apertura das XVIII Xornadas de Ensino Empresa, onde pon de relevancia o labor deste centro en prol da empregabilidade do seu alumnado

29/01/2024 | 14:42 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta avanza no deseño da nova lei autonómica que incidirá na profesionalización do cooperativismo e no fomento da igualdade nestas entidades

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou nunha nova xuntanza do Consello Galego de Cooperativas, órgano colexiado que promove e difunde os valores do cooperativismo na comunidade

29/01/2024 | 12:06 | C. de Emprego, Comercio e Emigración
29/01/2024 | 10:20 | C. de Facenda e Administración Pública

O DOG publica hoxe a convocatoria de preto de 500 prazas de emprego público de acceso libre

A estas prazas poderán acceder todas aquelas persoas que cumpran cos requisitos establecidos en cada convocatoria