Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 858 novas da área temática Economía:

14/11/2023 | 15:18 | C. do Mar

A Xunta destina 18,4 millóns de euros a axudas para proxectos dos grupos de acción local do sector pesqueiro ata o 2025

Este ano realizouse a primeira convocatoria con cargo ao Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura (Fempa) cun orzamento para a primeira anualidade de 8 millóns de euros e na que se recibiron 139 solicitudes

13/11/2023 | 21:03 | C. de Economía e Industria

A Xunta preside unha nova reunión da mesa polo impulso da actividade económica de As Pontes

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, o alcalde das Pontes, e as tres organizacións sindicais volveron reclamar a Endesa o compromiso firme para o mantemento do emprego dos traballadores das auxiliares durante os traballos de pre-desmantelamento da central

13/11/2023 | 15:22 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda erixe a sociedade Recursos de Galicia como garante de que a xestión da riqueza natural da comunidade se traduza en riqueza social

Pon en valor que este “ambicioso proxecto sen precedentes” aglutine a máis de 30 empresas que sosteñen máis de 20.000 empregos directos e achegan ao PIB autonómico case 11.000 M€

12/11/2023 | 10:02 | C. de Economía e Industria

As xornadas Artesanía no Prato impulsarán na Coruña as sinerxías entre o sector artesán e a gastronomía

A Xunta de Galicia organiza a cuarta edición deste encontro, que se celebrará en ExpoCoruña os días 19 e 20 de novembro e que está dirixido a profesionais da hostalería e da restauración, do comercio, da decoración de interiores e do contract

10/11/2023 | 22:00 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca ao sector da moda como motor da economía galega e impulsor da reputación nacional e internacional da comunidade

Salienta a aportación da moda ao longo da historia á hora de introducir cambios sociais, industriais e económicos nun territorio

10/11/2023 | 21:03 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon en valor o potencial económico de ferrolterra na 8ª edición dos premios de AJE ao novo empresariado e a iniciativas emprendedoras da zona

 A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou na entrega, onde puxo de relevo a colaboración coa Asociación de Jóvenes Empresarios de Galicia para impulsar o emprendemento e a xeración de emprego

10/11/2023 | 19:23 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o talento e a visión empresarial de Adolfo Domínguez para levar o nome de Galicia a todo o mundo a través da moda

Enxalzou a capacidade dos galegos de crear e erguer estruturas empresariais que asombran polo seu poderío neste ámbito

10/11/2023 | 13:55 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon en marcha novos apoios para impulsar a participación das pemes galegas en programas de financiamento europeos

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou hoxe na presentación destes novos servizos, que inclúen desde apoio e acompañamento para acceder ás convocatorias europeas ata novas liñas de axudas

09/11/2023 | 20:08 | C. de Economía e Industria

A Xunta e a asociación Ellas Vuelan Alto suman forzas para visibilizar o talento feminino no sector aeroespacial galego

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou esta tarde no evento de lanzamento da nova delegación de Ellas Vuelan Alto en Galicia, onde destacou o crecemento do sector na Comunidade e sinalou que dar visibilidade ás profesionais deste eido é unha obriga e un compromiso para o Goberno galego

09/11/2023 | 16:12 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsará o emprendemento mozo e reforzará a colaboración con AJE Galicia para dinamizar o rural e diversificar a súa economía

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou no congreso ‘Emprendemento rural sustentable’ organizado pola Asociación de Jóvenes Empresarios AJE Galicia