Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 337 novas da área temática Comercio:

24/02/2023 | 12:38 | C. de Economía e Industria

Galicia Calidade presenta aos emprendedores ourensáns as vantaxes de contar co selo de garantía

A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, mantiveron un encontro coa AJE da provincia no que puxeron en valor o recoñecemento desta marca entre os consumidores

23/02/2023 | 14:56 | C. de Economía e Industria

A Xunta resalta o papel das asociacións de comerciantes no impulso á competitividade do sector

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, mantivo hoxe unha reunión con representantes do centro comercial aberto Zona Obelisco da Coruña, na que se avaliaron as principais liñas de traballo para este ano
 

22/02/2023 | 15:16 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta traslada á Cámara de Comercio da Coruña as súas recentes iniciativas en materia de solo empresarial e vivenda

Ángeles Vázquez incide na recente convocatoria por parte de Xestur dun novo concurso para a adquisición de máis de 515.000 m2 de solo empresarial, repartidos entre 215 parcelas de 18 polígonos

22/02/2023 | 13:05 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia con 2,75 M€ o labor dos centros comerciais abertos e federacións no impulso ao comercio de proximidade galego

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, mantivo hoxe unha reunión con representantes do centro comercial aberto do Porriño, no que destacou o papel das asociacións na competitividade dos negocios locais

21/02/2023 | 14:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

Fernández-Tapias destaca a reactivación do Casco Vello de Vigo tras a apertura de novos negocios grazas a adxudicación de locais por concurso público

A delegada da Xunta en Vigo visitou este martes aos novos emprendedores que xa abriron as súas portas no barrio historico da cidade
 

18/02/2023 | 12:08 | C. do Medio Rural

A Xunta recoñece o labor dos produtores de grelos da Terra Chá na 17ª da Expogrelo de Abadín

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria e o delegado territorial da Xunta en Lugo asistiron ao evento, onde puxeron en valor a Indicación Xeográfica Protexida Grelos de Galicia e animaron aos produtores da zona a apostar por este selo

15/02/2023 | 11:23 | C. do Medio Rural

Un total de 51 entidades recibirán máis de 3,6 M€ das axudas da Xunta para elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas e para a súa promoción fóra da UE

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as dúas resolucións correspondentes á convocatoria de 2022 destas achegas

13/02/2023 | 14:41 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia a transformación dixital e a modernización dos comercios vigueses

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou hoxe en Vigo os establecementos Muebles Edra e Bajozerosnow, que participaron no programa de axudas para a modernización e a dixitalización co que o ano pasado se mobilizaron investimentos por preto de 200.000€ en 52 negocios da cidade

12/02/2023 | 13:48 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia a rebaixa da factura enerxética dos negocios galegos a través do Bono Enerxía Peme, co que se prevé mobilizar 6 M€

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou en Chantada as instalacións do local de restauración A Faragulla e do Hotel Mogay, que participaron na edición anterior desta iniciativa que facilita a incorporación de equipamento máis eficiente e, como novidade, asesoramento técnico personalizado

10/02/2023 | 13:08 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia a aposta do comercio compostelán pola modernización e a dixitalización

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou hoxe os establecementos Vide, Vide! e Cultura Urbana, que participaron no programa de axudas para a modernización e a dixitalización co que o ano pasado se mobilizaron investimentos por máis de 112.000€ en 25 negocios da cidade