Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 884 novas da área temática Agricultura e gandería:

08/01/2024 | 10:58 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca case 1,5 millóns de euros para mellorar a competitividade do sector apícola

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta orde de axudas, destinada á optimización e modernización de equipamentos e á loita contra a perda de poboación de abellas e outros insectos polinizadores, entre outros

07/01/2024 | 11:48 | C. do Medio Rural

A Oficina rural de Ribadavia rematou as súas obras de reforma cun investimento total de máis de 140.000 euros

Acometéronse diversas obras de mellora en materia de climatización e carpintería exterior, así como a renovación do mobiliario das súas instalacións
 

07/01/2024 | 11:13 | C. do Medio Rural

A Base de Unidade Operativa de Dumbría remata as súas obras de reforma, cun investimento total de máis de 70.000 euros

As melloras consistiron esencialmente no acondicionamento das diversas estancias que compoñen o edificio como vestiarios, duchas, zonas de descanso, almacén e garaxes
 

06/01/2024 | 11:47 | C. do Medio Rural

O prazo de solicitude das axudas da Xunta para o fomento da elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas estará aberto ata final de mes

Estas subvencións están financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e poderán beneficiarse delas empresas, organizacións de produtores, asociacións de dous ou máis produtores con personalidade xurídica e organizacións interprofesionais
 

06/01/2024 | 11:06 | C. do Medio Rural

Os gandeiros interesados en facer uso do servizo de matadoiro móbil da Xunta poderán solicitalo a partir do 15 de xaneiro

Para pedir este servizo terán que chamar, desde esa data, ao teléfono 982 251 201
 

05/01/2024 | 11:34 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios, dotadas cun total de 30 M€

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta orde da Consellería do Medio Rural, a cal busca incentivar os investimentos en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización das instalacións situadas en Galicia e destinadas a tal fin
 

05/01/2024 | 11:09 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca 750.000 euros en axudas para apoiar o labor das entidades recoñecidas para a realización do control leiteiro en Galicia

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta orde para compensar en parte os gastos xerados ás entidades oficialmente recoñecidas para a realización do control leiteiro, en atención aos beneficios que o sector recibe pola implantación deste sistema

04/01/2024 | 11:47 | C. do Medio Rural

A Oficina rural de Baio, no concello de Zas, remata as súas obras de reforma cun investimento total de máis de 100.000€

Acometéronse diversas obras de mellora, así como a renovación do mobiliario das súas instalacións

04/01/2024 | 10:16 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca 220.000€ para o fomento das razas autóctonas galegas a través das asociacións de criadores

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe estas achegas, das que se poderán beneficiar aquelas entidades oficial recoñecidas para a xestión do Libro Xenealóxico de diferentes razas galegas