Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 358 novas da área temática Administración pública:

23/02/2023 | 18:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Asociación de Veciños de Dornelas en Mos mellora a eficiencia enerxética do seu local social co apoio da Xunta

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, comprobou as actuacións nas que o Goberno galego investiu máis de 38.000 euros a través dun convenio co concello

22/02/2023 | 20:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor subliña o compromiso da Xunta de máis de 600 M€ coa cidade da Coruña e lamenta o bloqueo de 3 anos do Goberno local

O delegado territorial da Xunta na Coruña destacou que o Goberno galego é a administración que máis inviste na cidade e reprochou a política obstrucionista e as mentiras do Goberno municipal coas obras pendentes do Goberno autónomico

22/02/2023 | 16:57 | C. de Economía e Industria

A Xunta pide ao Goberno un cambio de actitude para que as comunidades poidan participar na xestión dos fondos europeos e no deseño das convocatorias

Conde afirma que a visita da delegación europea ten que supoñer “un punto de inflexión” para axilizar a execución dos fondos e para que as comunidades autónomas poidan optar a eles en igualdade de oportunidades

22/02/2023 | 12:19 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre mañá o prazo para realizar achegas ao proxecto de decreto que regula a carreira investigadora na Administración galega

Hoxe publícase no Portal de Transparencia o texto, ao que se poderán presentar suxestións ata o 15 de marzo

21/02/2023 | 16:49 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Lorenzana destaca o necesario vencello entre Xunta e concellos para impulsar o emprego e a igualdade nun encontro mantido co alcalde de Cerdedo-Cotobade

A Administración autonómica destinou 1,4M€ a actuacións de promoción da igualdade e de impulso á conciliación no Concello, ás contratacións no eido local e ao mantemento do Centro de Información á Muller da Lama que presta servizo a este municipio

21/02/2023 | 14:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e a Fegamp acordan crear unha comisión técnica para avaliar os estudos de ambas administracións sobre a delimitación das competencias autonómicas e locais

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou xunto co presidente da FEGAMP, Alberto Varela, no primeiro dos encontros para poñer en común as conclusións das dúas propostas co obxectivo de chegar a acordos sobre a prestación de servizos no eido local

16/02/2023 | 18:28 | A Presidencia da Xunta

O titular do Goberno galego pon en valor os proxectos que están chamados a transformar Galicia e que urxen da chegada dos fondos europeos para o seu desenvolvemento

Salienta que “a protección do medio ambiente é compatible coa actividade económica” e que Galicia está chamada a ser unha potencia nas enerxías renovables

16/02/2023 | 13:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora na instalación dunha área de xogos no concello de Trasmiras cunha achega de máis de 33.000 €

A directora xeral de Administración Local e o delegado territorial da Xunta en Ourense visitaron o espazo creado ao abeiro da Orde de infraestruturas municipais e destinado ao lecer tanto da cativada como da poboación de máis idade

16/02/2023 | 11:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor participa na Conferencia Estratéxica de Arteixo para definir a folla de ruta neste concello ata o ano 2026

O delegado da Xunta puxo en valor o traballo do Executivo autonómico para ofrecer infraestruturas e solo máis axeitado ás empresas para o desenvolvemento da súa actividade, mirando polo desenvolvemento empresarial de Arteixo e desta área e pola calidade de vida dos seus veciños