Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 15.043 novas:

11/07/2024 | 12:13 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta crea un grupo de traballo técnico para actualizar a Estratexia galega de cambio climático e avanzar cara a unha comunidade neutra en emisións

Ángeles Vázquez explica que este grupo de profesionais dará inicio aos traballos para a elaboración do novo Plan rexional integrado de clima e enerxía 2024-2030

11/07/2024 | 12:12 | C. de Sanidade

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés incrementou a súa actividade cirúrxica nun 12,7 % durante o primeiro semestre de 2024

Os servizos de Otorrinolaringoloxía, cun incremento do 16,6 %; de traumatoloxía, cun 20,4 %; e de Uroloxía, cun 20 %, foron as unidades que rexistraron unha maior repunta no seu volume de intervencións

11/07/2024 | 11:33 | C. de Sanidade

A Xunta e o Concello de Santiago pechan o acordo para humanizar, ordenar e mellorar a accesibilidade do Hospital Clínico

Acordan impulsar un conxunto de actuacións para acadar este obxectivo, entre elas, a tramitación dun Plan de Interese Autonómico cun perímetro consensuado

11/07/2024 | 11:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez afirma que a oferta de FP no Salnés é unha garantía de futuro e traballo para a mocidade

O conselleiro de Educación presenta a oferta da comarca, que medra un 9 % ata as 1.525 prazas, aos alumnos dos obradoiros de emprego do Concello de Vilanova

11/07/2024 | 10:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez subliña que a avaliación de estudos como PISA é imprescindible para mellorar o ensino

Sinala a súa utilidade para medir o éxito das políticas públicas no ensino e planificar os reforzos que encamiñen o sistema cara á excelencia académica

11/07/2024 | 10:40 | C. de Sanidade

A Consellería de Sanidade e AFAMMER abordan medidas para a mellora da saúde das mulleres do rural

Ambas as partes coinciden na necesidade de establecer canles de diálogo e coordinación para fomentar a promoción da saúde entre as mulleres do rural, favorecendo a igualdade de oportunidades

11/07/2024 | 10:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

As axudas da Xunta para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías suman 70 beneficiarios no segundo trimestre deste ano

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a relación das concesións, que representan un importe superior a 1,6 millóns de euros

10/07/2024 | 22:07 | C. de Política Social e Igualdade

Galicia demostra a súa solidariedade fronte a deixadez de funcións do Goberno central e acollerá outros 26 menores migrantes non acompañados

"Fronte a inacción, a improvisación e as imposicións do Goberno central, a nosa comunidade seguirá recibindo os menores non acompañados que lle corresponden segundo o reparto", asegurou a conselleira

10/07/2024 | 21:11 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta
10/07/2024 | 19:42 | A Presidencia da Xunta; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Rueda salienta o papel da cultura á hora de conservar e difundir a identidade e tradicións dun territorio

Asegura que a través dos contos e fábulas é posible coñecer os cambios na realidade social dunha terra ao longo do tempo