Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 376 novas da área temática Xuventude:

20/04/2023 | 13:21 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta organiza un encontro formativo para educadores sociais e persoal dos equipos técnicos do menor

O obxectivo deste foro, que se realiza en colaboración co Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, é crear rede entre os profesionais e mellorar as intervencións que se realizan desde o eido da atención á infancia

19/04/2023 | 13:50 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia ultima os preparativos para os campamentos de verán

 ‘A illa das historias’ é o nome do primeiro campamento xuvenil que acollerá este enclave natural da ría de Vigo

17/04/2023 | 12:26 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abre mañá o período de solicitude de praza nos campamentos e nos campos de voluntariado da Campaña de Verán 2023

Tras a publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe, as familias, as mozas e os mozos interesados en participar nun campamento teñen dez días hábiles, a partir de mañá martes, para presentar a solicitude de praza

15/04/2023 | 18:58 | C. de Política Social e Igualdade

O Día da Xuventude da Xunta chega a Lalín con numerosas actividades gratuítas de ocio educativo

Hai actividades desde as 13:00 horas ata as 14:30 horas e desde as 16:30 horas ata as 20:00 horas

13/04/2023 | 16:16 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta comeza coa formación da mocidade participante na terceira edición de ‘Xuventude Mentoring’

O obxectivo é facilitar a transición desde o ámbito académico ao laboral

13/04/2023 | 14:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Fernández-Tapias salienta a nova edición do concurso vigués Pequestrelas na busca do talento emerxente

A delegada territorial da Xunta en Vigo presentou este xoves nova edición deste certame, que arrancará o vindeiro día 15 coas audicións e rematará o 6 de maio cunha gala final

12/04/2023 | 18:11 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Martina Aneiros felicita a dous alumnos do IES Punta Candieira polos seus resultados na XL Olimpiada Galega de Química

Os estudantes de 2º de Bacharelato, Sara Novais e Álvaro Otero, quedaron terceira e quinto no certame que tivo lugar o pasado mes na Coruña

11/04/2023 | 14:25 | C. de Política Social e Igualdade

A Federación de Libreiros de Galicia renova a súa adhesión ao programa Carné Xove da Xunta

A xente nova que sexa titular do carné seguirá tendo descontos do 5% en libros e do 10% tanto en papelería como en material escolar en establecementos asociados á entidade e que forman parte do acordo