Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.291 novas da área temática Sanidade:

23/03/2024 | 12:42 | C. de Sanidade

Galicia destaca a nivel nacional nas coberturas acadadas na campaña de vacinación da gripe e a covid

Estas destacadas coberturas amosan a confianza da cidadanía galega nestes programas de prevención no ámbito da saúde pública

22/03/2024 | 15:02 | C. de Sanidade

Comesaña visita o centro de Protonterapia de Lovaina, con características similares ao que se está a construír en Galicia

O conselleiro de Sanidade en funcións mantivo unha reunión centrada en detalles derivados do avanzado estado do proxecto galego, o máis avanzado dos que se están a desenvolver en España co financiamento dos equipos por parte da Fundación Amancio Ortega

22/03/2024 | 13:38 | C. de Sanidade

O Sergas publica as puntuacións definitivas e finalización da fase de oposición para o ingreso nas categorías de persoal de servizos xerais e técnico en coidados auxiliares de enfermería

Superaron a fase de oposición do proceso selectivo un total de 3.708 aspirantes na categoría de persoal de servizos xerais, e 7.553 na categoría de técnico en coidados auxiliares de enfermería

22/03/2024 | 10:51 | C. de Sanidade

A plataforma do Sergas TELEA, para o seguimento de pacientes crónicos, referente a nivel europeo

Representantes do departamento sanitario galego colaboran na implantación desta ferramenta tecnolóxica en Suecia e Italia

21/03/2024 | 15:22 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

A Xunta incorporará a vacina vía intranasal para os cativos de dous a cinco anos na vindeira campaña antigripal

Rueda resalta que se van destinar máis de 550.000 € a adquirir 30.000 doses

21/03/2024 | 14:53 | C. de Sanidade

O Sergas executará nos vindeiros meses o proceso de concurso de méritos de persoal facultativo especialista, de médico de urxencias e médico do 061

O proceso estaba demorado á espera da admisión a trámite do recurso de casación presentado contra unha sentenza do TSXG, que cuestiona o baremo da convocatoria de concurso de méritos de persoal facultativo especialista

20/03/2024 | 21:05 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Sanidade

A Xunta eloxia aos galardoados na undécima edición dos premios Down Compostela para conmemorar o Día Mundial da Síndrome de Down

O conselleiro de Sanidade en funcións pon en valor o traballo en prol da igualdade de oportunidades para todas as persoas, incluíndo o acceso ao emprego público no Sergas

20/03/2024 | 13:09 | C. de Sanidade

O Sergas publica a apertura do prazo para elección de destino de 174 postos de difícil cobertura en hospitais comarcais e saúde mental

Foron publicadas as puntuacións definitivas do proceso, coa apertura do prazo para elección de destinos

19/03/2024 | 13:48 | C. de Sanidade

Galicia colócase á vangarda do desenvolvemento da intelixencia artificial na sanidade pública coa constitución do seu Consello técnico asesor

O Consello técnico asesor fará recomendacións no desenvolvemento da política sanitaria en materia de intelixencia artificial e uso seguro e ético dos datos