Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 599 novas da área temática Pesca:

26/11/2023 | 16:36 | C. do Mar

Unha delegación do Salvador visita Galicia para coñecer o funcionamento do seu sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola

A xira, organizada polo Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, levará aos representantes da administración e das cooperativas salvadoreñas a visitar confrarías de pescadores, lonxas, centros de formación e de investigación

25/11/2023 | 16:40 | C. do Mar

A Xunta reitera a súa defensa do sector pesqueiro e a súa máxima colaboración para garantir o súa viabilidade e sustentabilidade

Alfonso Villares puxo en valor a estreita colaboración entre o Goberno galego e o sector en ámbitos como a defensa da Lei do Litoral ou nas políticas pesqueiras comunitarias

25/11/2023 | 11:21 | C. do Mar

A Xunta lanza un plan de información e formación para o sector bateeiro co fin de mellorar a xestión da mexilla no litoral galego

A Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica presenta os traballos do proxecto Apromex, que pretende avanzar na sustentabilidade da miticultura

24/11/2023 | 15:31 | C. do Mar

A Xunta traballa coas universidades en estudos sobre a evolución do consumo de peixe e que miden os beneficios que produciría unha rebaixa do IVE

O titular de Mar volveu a reclamar a redución fiscal aos produtos pesqueiros en liña co que se mantén para outros alimentos no IV Foro ‘GALICIA SABE AMAR’, onde animou a incluír estes alimentos saudables e sustentables na cesta da compra

23/11/2023 | 18:57 | C. do Mar

A Xunta destaca a aposta pola sustentabilidade e o auxe dunha acuicultura ecolóxica galega que eleva cada vez máis o seu peso no sector alimentario

O conselleiro sinalou que Galicia é un referente internacional e destacou as expectativas de crecemento do sector e o seu papel crucial no ámbito da seguridade alimentaria e a conservación dos recursos mariños

23/11/2023 | 17:24 | C. do Mar

A Xunta destaca a relevancia para o sector de investigacións do CIMA como o estudo da resistencia dos berberechos fronte a enfermidade da marteiliose

O Centro de Investigacións Mariñas concluíu este ano o proxecto Resmart, posto en marcha hai dous anos e que contou con financiación da Consellería do Mar

23/11/2023 | 13:29 | C. do Mar

A Xunta licita por 3,8 M€ a modernización do sistema de iluminación de 26 portos autonómicos a través de tecnoloxía led con xestión telemática

O obxectivo é reducir a contaminación ambiental e luminosas a través de novas luminarias que aportarán ademais maior comodidade visual aos usuarios dos portos