Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 520 novas da área temática Igualdade:

03/09/2023 | 11:29 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta colaborará coas tres universidades públicas no estudo da realidade galega en materia de conciliación e corresponsabilidade

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade vén de asinar convenios coas universidades da Coruña, Santiago e Vigo para a realización dunha radiografía sobre a repartición das tarefas domésticas e de coidados entre mulleres e homes

02/09/2023 | 13:07 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor o papel das mulleres rurais na economía galega e na dinamización do territorio

A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, participou en Navia de Suarna na inauguración da Caravana Cultural das Mulleres Rurais, referíndose a elas como “as verdadeiras protagonistas, os alicerces do noso sustento”

31/08/2023 | 14:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén salienta as políticas de conciliación da Xunta na provincia de Ourense

O delegado territorial destacou que as Casas Niño son recursos gratuítos para as familias que se impulsan nos concellos máis pequenos -con menos de 5.000 habitantes- para contribuír a facilitar a conciliación da vida laboral e familiar e, ademais, dinamizar a economía local para intentar fixar poboación nova no rural

29/08/2023 | 14:18 | C. de Política Social e Igualdade
29/08/2023 | 10:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 252.000€ á renovación da colaboración con ACNUR, UNRWA e a fundación UNICEF para actuacións no exterior de loita contra a violencia de xénero

Os convenios enmárcanse no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e na colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

25/08/2023 | 11:54 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reabre mañá o espazo de lecer no campionato de surf Pantín Classic Galicia Pro para garantir a conciliación das familias asistentes

O Goberno galego apoia con 150.000 euros o programa cunha oferta de ocio dirixida a menores de entre 4 e 16 anos

22/08/2023 | 12:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta financia actividades de animación sociodeportiva da Federacion Galega de Fútbol en Narón ao abeiro do Plan Corresponsables

As actividades para nenas e nenos de entre 6 e 16 anos lévanse a cabo entre os meses de agosto e novembro no campo de Río Seco e no pavillón das Lagoas e estarán impartidas por técnicos titulados na modalidade de fútbol e na especialidade de fútbol sala
 

22/08/2023 | 10:18 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta e a Fundación Meniños renovan o convenio para a atención ás mulleres que sofren violencia sexual e ás súas familias

O programa, ao que a Xunta destina 140.000 euros, ofrece unha actuación integral coas mulleres vítimas de violencia de xénero e cos familiares ou persoas da súa contorna

21/08/2023 | 11:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta acorda manter a quenda de garda psicolóxica para a atención 24 horas ás vítimas de violencia de xénero co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade renova co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) o convenio que se asina anualmente desde o 2018

16/08/2023 | 13:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Gabriel Alén pon en valor os case 1,3 M€ que a Xunta destina a programas de igualdade e conciliación na provincia de Ourense

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, salientou o apoio do Goberno galego con 1.267.901,40 a 68 concellos da provincia de Ourense no desenvolvemento de programas orientados a favorecer a igualdade entre mulleres e homes, fomentar a conciliación e a corresponsabilidade e para financiar o labor dos Centros de Información á Muller (CIM) como recursos de proximidade