Actualidade
Buscador de novas
Preto de 300 autónomos de Ferrol, Eume e Ortegal beneficiáronse o ano pasado dun millón de euros en axudas concedidas polo Goberno galego
A Xunta ten aberto o prazo de solicitude das convocatorias do Bono Autónomo e o programa Xempre Autónomo que suman un orzamento conxunto de 20 M€ para apoiar investimentos para a consolidación de negocios e novas altas
A Xunta confirma a constitución do consello regulador da denominación de orixe Ribeira Sacra
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria presidiu hoxe a constitución do novo pleno deste consello regulador, así como a elección da presidencia e da vicepresidencia
O programa autonómico de impulso ao emprendemento feminino, Emega, permitiu nos últimos trece anos apoiar 1.480 proxectos e a creación de 2.084 empregos
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe en Santiago de Compostela a iniciativa Creativas Galegas, un colectivo formado por mulleres artesás e do eido cultural beneficiarias das axudas da Xunta
Trenor informa á asociación de comerciantes Compostela Monumental das axudas para mellorar a competitividade deste sector
O delegado da Xunta mantivo hoxe unha reunión con esta entidade para informar das dúas ordes abertas ata o 9 de marzo de 2,75 M€ coas que se financiarán diferentes iniciativas de promoción e dinamización comercial impulsadas polas asociacións de comerciantes
A Xunta anima ao comercio compostelán a solicitar as axudas de ata 17.600 € para impulsar a dixitalización e a modernización dos seus negocios
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou Calzados Pachi e Bluvelvet, que participaron neste programa co que o ano pasado se mobilizaron investimentos por máis de 112.000 € en 25 tendas e obradoiros artesáns da cidade
A Xunta salienta a importancia da Estratexia de Internacionalización que suma outros 20 M€ este ano para consolidar o mellor ciclo exportador da historia de Galicia
O director do Igape, Fernando Guldrís, destaca no Parlamento o papel da Estratrexia como “folla de ruta coa que facilitar a saída ao exterior das pemes galegas, concentrando os esforzos, un ano máis, no impulso da dixitalización e a diversificación de mercados”
O comercio de proximidade pode solicitar a partir de mañá as novas axudas da Xunta para a dixitalización dos seus establecementos e servizos
Cun orzamento de 3 M€, estes apoios financian, entre outras actividades, márketing dixital, servizos de loxística ou xestión de redes sociais, ademais da adquisición de equipamentos
Conde subliña que a esencia de Ignicia é lograr que a ciencia excelente galega teña un impacto positivo na competitividade económica e no benestar social
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, asistiu esta mañá na Coruña ao Foro Ignicia 2023