Actualidade
Buscador de novas
Xosé Merelles destaca que o novo Palacio da Auga de Mondariz engade valor diferenciador á proposta turística termal galega
Pon en valor o Plan Territorial de Sustentabilidade Turística en Vilas Termais e Centros históricos deseñado pola Xunta de Galicia de 23M€ e activo durante todo este ano
O Plan de incendios forestais (Pladiga) conta este ano con máis de 7.000 efectivos e 34 cámaras de vixilancia permanente
O delegado territorial presidiu esta mañá o Comité Integrado de Prevención de Incendios de Pontevedra no que participaron todos os organismos involucrados na loita contra o lume
O delegado territorial da Xunta supervisa o estado das obras de mellora de eficiencia e funcionalidade do IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova
Manuel Pardo destacou que as obras contan cun investimento do Goberno galego de máis de 1,1M€
A Xunta reforzará o sistema de atención temperá coa creación de doce novas unidades e a ampliación do persoal nas xa existentes
A nova orde de axudas destinada a concellos está dotada de 15,8 millóns de euros
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e Cruz Vermella impulsan a capacitación dixital da cidadanía cos obradoiros itinerantes de ‘Enredando Tour ‘
A nova edición desta iniciativa, que comeza hoxe en Noia, percorrerá 20 localidades galegas ata setembro
Villares reitera o apoio da Consellería do Mar para incentivar o consumo dos produtos pesqueiros como garantía da salubridade da poboación e da sustentabilidade do sector
En aras a impulsar políticas construtivas e útiles á cidadanía, apelou, unha vez máis, á responsabilidade do Goberno central, que segue sen rebaixar o IVE destes produtos, a sabendas de que son indispensables para crear un sistema alimenticio sostible e xusto
Lorenzana apela a aproveitar as oportunidades que ofrece a Intelixencia Artificial para o tecido empresarial
Indica que no ano 2023, o uso da Intelixencia Artificial nas empresas TIC galegas foi do 29,5%, o que supón un crecemento relativo desde 2021 do 36,6% e un 5% respecto ao ano anterior
A Xunta destaca o impacto das casas niño na conciliación das familias do rural
O Goberno galego impulsou desde o ano 2016 a creación dun centenar de centros que ofrecen atención 100% gratuíta en concellos sen escola infantil
A Xunta resalta o nivel tecnolóxico dos vinte proxectos que van participar na oitava edición da BFAuto
En total foron 130 candidaturas as que se presentaron a esta convocatoria, das que oito son proxectos que proceden de fóra de Galicia