Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 783 novas da área temática Medio ambiente:

05/01/2024 | 15:20 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia despediu o ano 2023 cun mes de decembro cálido e normal en canto ás precipitacións

O avance do último informe climatolóxico de Meteogalicia conclúe que foi un período sen grandes anomalías térmicas pero con mínimas algo máis altas do agardado

05/01/2024 | 15:05 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta prestará apoio técnico ao concello de Oza-Cesuras na elaboración das novas bases topográficas para a redacción do seu PXOM

O director do Instituto de Estudos do Territorio e o rexedor mantiveron recentemente un encontro no que perfilaron a colaboración para que o municipio poida acceder aos datos e información dispoñibles nas ferramentas empregadas polo organismo.
 

04/01/2024 | 13:12 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita por máis de 130.000 € os traballos de eliminación de especies exóticas invasoras en Cíes, Ons e Sálvora no marco do proxecto europeo 'Life Insular'

O contrato, cunha vixencia de tres anos, daralle continuidade aos labores de eliminación e control acometidos entre 2022 e 2023 nos tres arquipélagos galegos

02/01/2024 | 13:37 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta somete a participación pública durante un mes o Plan de conservación do espazo natural de interese local Brañas de Sada

Belén do Campo traslada ao rexedor municipal que desde mañá todas as persoas ou entidades interesadas poderán remitir as súas achegas e suxestións ao documento e subliña que o seu departamento axilizará ao máximo os trámites pendentes

29/12/2023 | 14:07 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Mar

A Xunta informa á cadea mar-industria e aos concellos costeiros das alegacións presentadas ante o Tribunal Constitucional sobre a Lei do Litoral de Galicia

Ángeles Vázquez subliña que o Goberno galego remitiu un extenso documento de 350 páxinas no que se defenden os intereses dos propietarios de inmobles e de actividades estratéxicas no dominio público marítimo-terrestre

27/12/2023 | 15:36 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as consultas ambientais do proxecto de conversión en autovía da vía de altas prestacións que comunica Brión e Noia

A Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda somete o proxecto da 1ª fase do desdobramento a participación durante un mes, no marco do proceso de avaliación ambiental simplificada

26/12/2023 | 13:35 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destina 90.000 € ás axudas para actuacións de conservación, protección e mellora das árbores e formacións senlleiras de Galicia

Este financiamento pode cubrir ata o 100 % do custo da actuación, cun límite de 4.500 € por árbore e de ata 8.000 € se é unha formación

25/12/2023 | 10:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica por 40 M€ a xestión integral da rede de plantas de transferencia de residuos de Sogama

O contrato conta cunha duración inicial de tres anos, ampliable a cinco e cunha prórroga excepcional de nove meses, e inclúe tamén melloras na súa operativa para que gañen eficiencia para optimizar a prestación deste servizo público