Actualidade
Buscador de novas
A Xunta constata os avances nas obras do Centro Integral de loita contra o lume de Toén e resalta a funcionalidade das pistas de adestramento que xa están operativas
O Centro prevé acoller bombeiros de toda Europa e será unha referencia na formación de cara á extinción dos incendios forestais
A Xunta organiza un simulacro de incendio forestal para ensaiar o sistema operativo de emerxencias na provincia de Ourense
O conselleiro do Medio Rural, participou esta mañá no desenvolvemento do exercicio con activación da situación 2 por proximidade do lume ás vivendas
A Xunta mellora as instalacións do distrito forestal Verín-Viana para reforzar a loita contra os incendios
José González destacou que se trata dun centro de distrito “mellor equipado, para responder ás esixencias da área xeográfica con maior incidencia de incendios”
A Xunta pon en valor as políticas forestais galegas como un referente no sector para o resto de rexións europeas
José González destacou a importancia de facer políticas activas para seguir aproveitando os recursos endóxenos que ofrece o sector forestal
A Xunta presenta no Consello Forestal un avance da Estratexia para o fomento da xestión activa das frondosas e do libro branco sobre a normativa dos montes veciñais
José González trasladou que tamén se trata a vindeira orde pola que se publicarán os modelos orientativos de estatutos e o modelo para a constitución de dereitos de uso e aproveitamento a favor das agrupacións forestais de xestión conxunta
Inditex é a primeira empresa en sumarse ao novo fondo público-privado impulsado pola Xunta para anticiparse aos incendios forestais
Inditex destinará 9 millóns de euros a este proxecto, que permitirá desenvolver intervencións en 26 concellos que beneficiarán directamente 118.000 persoas
A Xunta reafirma o seu compromiso a prol do sector forestal e do fomento da construción en madeira
Jacobo Aboal puxo en valor as axudas para promover o uso da madeira como elemento estrutural na construción e para apoiar actividades formativas e de divulgación que impulsen o coñecemento e a competitividade da industria forestal-madeira de Galicia
A Xunta impulsa a mellora na investigación e a resilencia fronte aos lumes forestais cun taller con expertos no CIF de Lourizán
O Centro de Investigación Forestal de Lourizán reuniu varios expertos para tratar a mellora na xestión dos incendios forestais dentro do proxecto ENFIRES-NW, no que colaboran investigadores da Xunta e varias universidades, entre outros
A Xunta alleou 78 lotes de madeira por 6,1 millóns de euros na poxa pública electrónica de madeira que se celebrou en Lugo
Os importes acadados na poxa manteñen a tendencia dos prezos da madeira de coníferas avanzado en anteriores poxas, sendo previsible que continúen nestes niveis debido a que esta madeira está sendo moi demandada internacionalmente polas súas múltiples aplicacións
A Xunta crea unha unidade especializada en grandes lumes e amplía e mellora o dispositivo de loita contra os incendios forestais
Diego Calvo incidiu na importancia da colaboración da sociedade na denuncia da actividade incendiaria e na coordinación entre administracións na loita contra o lume a través deste dispositivo de máis de 7.000 efectivos