Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.053 novas da área temática Emprego:

10/02/2024 | 12:09 | C. de Sanidade

Preto de 1.800 persoas preséntanse ás oposicións do Servizo Galego de Saúde desta fin de semana

A participación da categoría de fisioterapeuta foi do 85 %; de enfermeira especialista en enfermaría familiar e comunitaria, do 83 %; de técnico superior en hixiene bucodental, do 82 %; e de técnico superior de sistemas e tecnoloxías da información, do 64 %

09/02/2024 | 14:06 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reedita en 2024 os programas Mentoring Traballo Autónomo e Galicia Camiño Emprendedor para impulsar a consolidación de empresas e negocios

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou hoxe en Ourense na presentación das novas edicións destas iniciativas autonómicas

08/02/2024 | 14:32 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor o emprendemento xove no marco dos Polos da provincia de Lugo ás portas de que comece a funcionar un novo en Sarria

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, asistiu en Ribadeo a un acto do Polo de Mondoñedo no que se presentaron proxectos de persoas mozas para fomentar o intercambio de experiencias e o debate

08/02/2024 | 13:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta consolida a colaboración co Clúster da Función Loxística de Galicia para mellorar a capacitación do sector a través de formación a medida

A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, participou no acto de entrega dos diplomas acreditativos e tarxetas de transporte ás persoas formadas no marco do convenio do Goberno galego con este clúster

07/02/2024 | 19:59 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Promoción do Emprego e Igualdade recibe da man de FEAFES un premio pola aposta a favor da integración laboral das persoas con problemas de saúde mental

A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Formación para o emprego e Orientación, Zeltia Lado, recolleron hoxe en Lugo o II Premio Empréganos da Federación na categoría de Administración Pública

07/02/2024 | 16:56 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destaca a importancia de formar ás persoas desempregadas nunha visita á Escola marítimo-pesqueira de Bueu

Reguera destacou o bo funcionamento do centro e lembrou ao alumnado do curso de soldadura a gran demanda de profesionais coas súas características que existe no mercado laboral

07/02/2024 | 16:08 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o compromiso autonómico co emprendemento e cos autónomos nun acto celebrado no Polo de Monforte de Lemos

A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou na xornada ‘Impulso e sinerxías’, na que debullou o mapa de axudas que a Administración dispón para quen inicie ou queira consolidar a súa actividade

07/02/2024 | 11:50 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta apoia a VII Xornada Exxperimenta en feminino para a divulgación da ciencia e a tecnoloxía co gallo do Día internacional da muller e da nena na ciencia

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou no acto de presentación da iniciativa que se desenvolverá o próximo 16 de febreiro no Campus de Ourense a cargo de profesoras, investigadoras e alumnas de varios dos seus centros
 

07/02/2024 | 10:34 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta presenta aos empresarios da Grela unha nova edición do programa Responsabilízate que ofrece asesoramento gratuíto a pemes e autónomos en RSE

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, lembrou que a iniciativa, en fase de captación de empresas, dispón de 200 prazas

06/02/2024 | 21:05 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta informa en Pontevedra das axudas para persoas autónomas e pemes

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, e a directora do Igape, Covadonga Toca, participaron nunha xornada organizada pola Asociación de Autónom@s e Pequenas Empresas de Galicia