Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 858 novas da área temática Economía:

23/11/2023 | 16:07 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta avoga por reter e atraer talentos diversos a través do Plan de formación para o emprego que crece en 2024 ata os 117 millóns de euros

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou na inauguración do 23º Congreso internacional de Galicia e Norte de Portugal de formación para o traballo

23/11/2023 | 14:11 | C. de Economía e Industria

A Xunta inviste preto de 4 M€ na chegada ao mercado de nove proxectos de investigación no marco do programa Ignicia

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, visitou o Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC) para coñecer unha das iniciativas apoiada, centrada no desenvolvemento clínico dun tratamento para a artrose

22/11/2023 | 20:45 | C. de Economía e Industria

Pre-acordo na Mesa polo impulso da actividade económica das Pontes para garantir o emprego das auxiliares nas labores de pre-desmantelamento

O avance nas negociacións foi adoptado coa unanimidade de todos os integrantes da mesa entre os que están representados a Xunta de Galicia, que preside este órgano a través da Consellería de Economía, o Goberno central, o Concello das Pontes, as tres organizacións sindicais – CCOO, UGT e CIG – a Confederación de Empresarios e as asociacións empresariais da zona, xunto con Endesa
 

22/11/2023 | 20:11 | C. de Economía e Industria

Consumo pon todas as súas ferramentas a disposición dos pasaxeiros do voo Vigo-Madrid de Air Nostrum para a restitución rápida dos seus dereitos

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, respondeu hoxe no Pleno unha pregunta sobre as accións realizadas desde o Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC) ao respecto

22/11/2023 | 18:07 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta en Porto a aposta por promover a transformación dixital do comercio como factor de competitividade

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, destacou no Foro do Comercio que se celebra na cidade portuguesa que as iniciativas da Administración autonómica neste eido se centran na dixitalización gradual, a innovación e a formación

22/11/2023 | 16:33 | A Presidencia da Xunta

Rueda compromete que o tecido económico seguirá atopando en Galicia a estabilidade axeitada para continuar asentando empresas na comunidade

Salienta que Galicia é das primeiras comunidades en aprobar os presupostos para 2024, cunha cifra de 13.257 M€

22/11/2023 | 14:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Economía e Industria

Trenor destaca o investimento de máis de 614.000€ nos concellos da comarca de Bergantiños-Costa da Morte para a mellora do seu medio natural a través do fondo de compensación ambiental

Estes apoios contaron con dúas liñas, unha dirixida a concellos nos que haxa parques eólicos e outra a todos os concellos e a mancomunidades ou consorcios locais de Galicia
 

22/11/2023 | 12:42 | A Presidencia da Xunta; C. de Facenda e Administración Pública

Rueda defende a xestión económica responsable da Xunta que ten situado Galicia como a comunidade que menos incrementou a súa débeda

 “Temos unha política económica que decidiu non hipotecar as xeracións que viñan despois ao tempo que facer uns servizos públicos sostibles”, d
 

21/11/2023 | 19:02 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda recibe á embaixadora de Turquía en España co obxectivo de afianzar as relacións económicas entre Galicia e o país otomano

O obxectivo é reforzar os lazos comerciais e empresariais con este Estado ao que xa exportan máis de 400 compañías galegas

21/11/2023 | 18:13 | C. de Economía e Industria

Lorenzana e o alcalde de Beariz avalían novas medidas conxuntas para a dinamización económica do municipio

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo unha reunión co rexedor, Manuel Prado, na que o informou sobre as principais liñas de actuación para o vindeiro ano