Actualidade
Buscador de novas
A Xunta pon en valor as políticas a prol do emprego para o desenvolvemento e a fixación de poboación no rural
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, visitou hoxe o programa de conciliación de Boborás, do que se beneficia alumnado do CEIP Nosa Señora de Xuvencos
A Xunta lamenta que o Goberno central manteña o veto á rebaixa do IVE á carne e ao peixe mentres si contempla o do aceite: “É unha medida completamente discriminatoria”
Ademais, a Xunta demanda ao Goberno central que respecte os compromisos adquiridos cos regantes no que atinxe ao financiamento do regadío da Limia
O DOG publica hoxe a convocatoria das axudas para as agrupacións de defensa sanitaria gandeiras cun orzamento de 2,28 m€
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe estas axudas, que subvencionarán os programas de planificación zoosanitaria que se desenvolvan entre o 1 de marzo de 2024 e o 28 de febreiro de 2025
Os gandeiros interesados en facer uso do servizo de matadoiro móbil da Xunta poderán solicitalo a partir de mañá chamando ao teléfono 982 251 201
Tendo en conta as súas demandas, organizaranse as rutas do matadoiro, procurando sempre optimizar este recurso
Segue aberto o prazo para solicitar as axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios, dotadas cun total de 30 millóns de euros
Esta orde da Consellería do Medio Rural busca incentivar os investimentos en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización das instalacións situadas en Galicia e destinadas a tal fin
A Xunta remata as obras do taller mecánico de defensa do monte en Botos, no concello de Lalín
As actuacións contaron cun investimento de case 1,3 millóns de euros para reformar o taller mecánico para vehículos e motobombas
Rueda destaca o papel da mocidade á hora de avanzar na modernización das explotacións gandeiras e manter a calidade dos produtos galegos
Salienta a importancia de garantir a remuda xeracional no agro e que mozos e mozas aposten por emprender e desenvolver o seu proxecto vital no rural
A Xunta e os consellos reguladores das denominacións de orixe de viño de Galicia avalían as axudas para o fomento de seguros agrarios neste sector
O conselleiro do Medio Rural e outros responsables do seu departamento reuníronse con representantes das entidades vitivinícolas para analizar estas achegas
A Xunta convoca axudas para o fomento e apoio ás agrupacións forestais de xestión conxunta e ao asociacionismo forestal, dotadas con preto de 2,4 M€
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde de axudas que se destinarán para accións de divulgación, ademais de potenciar as asociacións sen ánimo de lucro que comercializan produtos forestais e a creación de agrupacións forestais de xestión conxunta